Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

DÍA DO TRAXE GALEGO

Compostela premia un ano máis os mellores traxes do noso folclore

As mellores vestimentas foron merecedoras de 500 euros e do correspondente diploma nas categorías de uso común, conxunto, traxe de garda e antigo.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ana Triñáns

Ana Triñáns

Santiago de Compostela

Un ano máis Compostela rendeuse no culto ao traxe tradicional galego. O Día do Traxe congregou na Praza da Quintana unha multitude que, previamente, xa desfilara polas rúas da cidade e foi recibida no Pazo de Raxoi pola alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.

Na tarde, tocou premiar os mellores traxes, os de uso común, os conxuntos, os traxes de garda e os traxes antigos. Oprimeiro premio, dotado con 500 euros e un diploma, en canto ao traxe de uso común foi para Lucía Piñeiro; e no segundo posto Concepción Pereiro, merecedora de 400 euros .

Na categoría masculina de traxes de uso común foi o vencedor Antonio Vázquez, 500 euros e diploma, e seguiuno Miguel V. Jáudenes, 400 euros e mais diploma. En canto apezas antigas, «que non compoñen un traxe completo» a gañadora foi Ana Belén Gabián, merecedora de 300 euros.

Traxes de garda

O primeiro premio de traxe de garda, neste caso en categoría feminina, foi para Lara X. Salgado, tamén 500 euros e diploma, e detrás dela estivo Mari Paz Félix, gañadora de 400 euros. Na categoría masculina, o traxe antigo máis valorado foi o de Carlos Viéitez, e na feminina a gañadora foi Belén López. Ademais, outorgáronse varios accesits: a Simón Collantes, Anxos Airabella e Dolores Quintáns, que foron merecedores cada un deles de 300 euros e mais o diploma acreditativo.

Tracking Pixel Contents