Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

140.000 euros para as axudas ás empresas de economía social do Concello de Santiago

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 1 de outubro

A concelleira de Dereitos e Servizos sociais, María Rozas

A concelleira de Dereitos e Servizos sociais, María Rozas / cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

A tenenta de alcaldesa, María Rozas, presentou este luns as axudas ás empresas de economía social do Concello que pretenden contribuír «á consolidación e desenvolvemento do ecosistema da economía social en Santiago, un piar fundamental da economía compostelá que promove valores de cooperación, solidariedade, inclusión social e igualdade».

Estas axudas, que incrementan o seu orzamento en 25.000 euros e se sitúan nos 140.000, están abertas a Pemes con forma xurídica de cooperativa, sociedade laboral e centros especiais de emprego, que teñan a súa sede social, fiscal e un centro de traballo, en Santiago.

As candidatas á subvención deben presentar unha memoria que acredite o triplo impacto económico, social e ambiental da empresa, e valorarase especialmente que a maioría do capital social ou das persoas traballadoras sexan mulleres.

O orzamento da convocatoria sobe dos 115.000 euros do ano pasado ata os 140.000 euros previstos este ano e as axudas terán dunha contía máxima de 5.000 euros por beneficiaria.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 1 de outubro de 2026.

Tracking Pixel Contents