Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Santiago e turismo

Constitúese o Foro de Turismo Sustentable para buscar o equilibrio entre a veciñanza e os visitantes

Santiago estrea este organismo pioneiro en Galicia que ten como obxectivo establecer unha colaboración entre o turismo e os axentes institucionais, económicos e sociais

Equipo de Goberno durante a sesión de constitución do Foro de Turismo Sustentable.

Equipo de Goberno durante a sesión de constitución do Foro de Turismo Sustentable. / Concello de Santiago

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Redacción

Santiago

Santiago estrea o Foro de Turismo Sustentable, un organismo pioneiro en Galicia que ten como obxectivo establecer unha colaboración entre axentes institucionais, económicos e sociais a respecto de todo o relacionado co turismo.

A asemblea foi presidida pola alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, a cal subliñou que esta proposta busca "facer un cambio de paradigma para compatibilizar a vida de todas as persoas que viven en Santiago coa práctica dun turismo que sexa responsable e consciente, e en coordinación coa dinamización económica e con actividades de diversa índole que se leven a cabo no Concello de Santiago”.

O Foro de Turismo Sustentable establécese como un órgano estable cunha Comisión Permanente, tamén aprobada na sesión de constitución da institución. O plenario está formado por representantes dos diferentes grupos que o constitúen. Estarán representadas a presidencia municipal e as concellarías de Turismo e Facenda, ademáis haberá persoal técnico dos departamentos municipais de Turismo, Mobilidade, Cultura e Servizos Básicos e tamén da empresa municipal de Turismo, do Auditorio de Galicia, de Santiago Film Commission, do Santiago de Compostela Convention Bureau e de TUSSA.

Tamén formarán parte do Foro de Turismo Sustentable a Axencia de Turismo de Galicia, a Fundación Catedral de Santiago, o Consorcio de Santiago, a Universidade de Santiago de Compostela (USC), o Aeroporto de Santiago – Rosalía de Castro (AENA), a Estación Intermodal Daniel Castelao (ADIF), a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, a Xerencia do Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, o Consello do Estudantado da Universidade de Santiago de Compostela, o Centro de Estudos Turísticos da Universidade de Santiago de Compostela (CETUR).

En canto aos colectivos, inclúese unha persoa de cada entidade sen ánimo de lucro do sector turístico, do ámbito do comercio, outra que represente ás persoas usuarias e consumidoras, e a seis persoas en representación das asociacións veciñais elixidas polo Consello de Relacións Veciñais. Todas elas deben estar inscritas no Rexistro municipal de asociacións, e dúas das últimas terán que ser do ámbito do Plan especial.

A Comisión Permanente foi constituída durante a sesión e para ela foron escollidas dúas persoas para representar o sector do aloxamento, José Antonio Liñares de Unión Hotelera Compostela e Maica Couto de hostalaria.gal, unha persoa representante do resto de actividades económicas do Turismo, Joaquín Rubal da Asociación Profesional de Guías do Turismo, e dúas persoas en representación das veciñas e veciños, Mercedes Vázquez Bartomeu da Asociación A Xuntanza e Roberto Almuíña da Asociación Fonseca.

Está previsto que na seguinte reunión do Pleno do Foro se designen dúas persoas expertas en materia de turismo e que a próxima reunión da Comisión Permanente sexa no mes de setembro.

TEMAS

Tracking Pixel Contents