Cidade histórica
O Consorcio de Santiago licita as obras de restauración do Arco de Mazarelos
Cun orzamento base de licitación de 87.640 euros o proxecto trata de conservar o único arco da muralla medieval da cidade

O Consorcio licita a restauración do Arco de Mazarelos, o único que se conserva da muralla medieval / Antonio Hernández
O Consorcio vén de publicar na Plataforma de Contratación a licitación das obras de limpeza, restauración e conservación do Arco de Mazarelos, un dos elementos patrimoniais máis singulares da cidade histórica e o único arco que se conserva da muralla medieval que rodeaba a cidade de Santiago.
O orzamento base de licitación ascende a 87.640 euros (IVE incluído) e o prazo de presentación de ofertas permanecerá aberto ata o 4 de setembro.
A intervención ten como obxectivo garantir a conservación deste monumento mediante unha actuación de restauración que permita frear o deterioro e mellorar as súas condicións de conservación, «sempre desde o máximo respecto aos seus valores históricos, arquitectónicos e patrimoniais». As obras contemplan a limpeza e restauración dos paramentos, a eliminación da vexetación presente sobre a fábrica e a consolidación dos elementos de cantaría e cachotaría.
A actuación permitirá resolver os problemas derivados da entrada de auga de chuvia mediante a mellora da estanquidade da parte superior do arco e dos encontros cos edificios lindeiros evitando as filtracións.
Ademais, procederase á revisión dos encintados, á reparación de elementos deteriorados e á recolocación de elementos alleos ao monumento que alteran a súa percepción, «como instalacións, cableados, placas ou outros engadidos».
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- No son peregrinos. Son chavales de fiesta': El Barroquista cuestiona el turismo de Santiago
- Una familia, 24 personas y 110 km: “Para mí el mérito es habernos juntado”
- La heladería que conquista a los peregrinos de Santiago con un sabor único en el mundo: 'Tenemos que reponerlo dos veces a la semana
- Una panadería de Santiago se cuela entre las mejores de España: 'Empecé vendiendo hamburguesas en Venezuela
- Los políticos compostelanos se toman un descanso: retorno a las raíces para desconectar de Raxoi