Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Para a infancia

O PP de Santiago recolle as propostas de Educación Activa

A asociación presentou un documento con melloras na cidade en favor dos máis cativos

Imaxe da xuntanza entre os representantes do PP de Santiago e a asociación Educación Activa

Imaxe da xuntanza entre os representantes do PP de Santiago e a asociación Educación Activa / cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

A Asociación Educación Activa (AEA) mantivo unha reunión de traballo con representantes do Partido Popular de Santiago de Compostela para presentar as conclusións do informe Compostela Cidade Educadora: Demandas da Cidadanía para Santiago.

Trátase dun documento que recolle as principais necesidades e propostas trasladadas pola cidadanía para avanzar cara a unha cidade máis inclusiva, accesible e comprometida coa infancia, a adolescencia e as familias.

No encontro participaron Borja Rubio e Cristina Guimarey, en representación do PP de Santiago, e Ana García Díaz, presidenta de AEA.

Entre o trasladado na reunión falouse da necesidade de ampliar a oferta cultural, para un acceso máis inclusivo das familias, mellorar os espazos públicos destinados ao xogo libre, así coma o seu mantemento, e velar pola seguridade viaria.

Tracking Pixel Contents