Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Patrimonio

O PSOE de Santiago reclama o coidado das esculturas da cidade

A caída da peza localizada en Rodrigo de Padrón leva aos socialistas a pedir a revisión de todas as figuras

Figura do autor Rubén García, en Rodrigo de Padrón, que apareceu tirada nos últimos días

Figura do autor Rubén García, en Rodrigo de Padrón, que apareceu tirada nos últimos días / cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

A concelleira socialista Marta Abal denuncia que a caída da escultura de Rubén García Juncal, situada na avenida de Rodrigo de Padrón.

Un incidente que «evidencia a falta de mantemento do patrimonio escultórico da cidade e o incumprimento dun acordo plenario», aprobado a proposta do PSOE no pleno do mes de marzo. Abal explicou sobre a caída da escultura que «todo parece indicar que a situación é consecuencia do progresivo deterioro e da falta de mantemento e conservación».

Abal critica que dende o goberno local non se fixera unha «actuación preventiva», como se acordou no pleno e insiste en que a conservación do patrimonio «require planificación e mantemento continuado».

Por iso considera que o Concello «debe aplicar os mesmos criterios de conservación ao conxunto das esculturas distribuídas pola cidade» e reclama que se actúe para recuperar a peza.

Tracking Pixel Contents