Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Familias de acollida

‘Troca e retroca’, Santiago impulsa coa asociación Acougo un novo programa "para unha infancia igualitaria"

O Concello e a asociación Acougo crean un banco de recursos para os máis vulnerables

Carmen Dourado (Acougo) e a edil María Rozas

Carmen Dourado (Acougo) e a edil María Rozas / cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

A Concellaría de Dereitos e Servizos sociais e a Asociación de Familias Acolledoras, Acougo, anunciaron este martes a posta en marcha do proxecto ‘Troca e retroca’, un banco de recursos para a infancia que «pretende garantir a igualdade de oportunidades entre as familias e axudar a cubrir as necesidades daquelas en situación de maior vulnerabilidade». A edil María Rozas e a directora de Acougo, Carmen Dourado, destacaron tamén na presentación do proxecto que este «aposta pola sustentabilidade, a reutilización de recursos e a diminución do consumo».

Rozas explicou que ‘Troca e retroca’ se suma «ás ferramentas que temos habilitadas para atender as necesidades das familias, especialmente das que se enfrontan a situacións de vulnerabilidade derivadas de factores económicos ou sociais». Así o banco de recursos vai permitir «articular redes de apoio comunitarias e fomentar a corresponsabilidade social» e puxo en valor que a colaboración con Acougo «pretende dar a coñecer o importantísimo papel que desenvolven as familias acolledoras, que permiten que nenos e nenas medren nun ambiente familiar cando as súas familias de orixe non poden facerse cargo».

Carmen Dourado enfatizou que o proxecto «nos permite compartir e facer tribo entre as familias» e fixo unha chamada á colaboración da veciñanza co banco de recursos «dende a premisa de defender a dignidade das persoas e apoiar a economía circular».

O banco de recursos está dirixido a familias acolledoras e en situación de vulnerabilidade, con especial atención ás monomarentais, numerosas e migrantes. Ademais de facilitar o acceso aos recursos materiais para a crianza, o banco quere contribuir «á creación de redes de apoio informais entre as familias».

Fisicamente estará na sede de Acougo (rúa Sánchez Freire) e funcionará todo o ano, dous dous días á semana en horario de mañá e outros dous en horario de tarde. As persoas interesadas en colaborar poden pedir máis información no 610785604.

Tracking Pixel Contents