Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Verán CampUSC, conxugar o lecer cos valores cívicos na Universidade de Santiago

Trátase dunha nova edición do programa de conciliación familiar e laboral nos períodos non lectivos, salvo agosto

Foto de familia dos participantes no Verán CampUSC xunto coa reitora Rosa Crujeiras

Foto de familia dos participantes no Verán CampUSC xunto coa reitora Rosa Crujeiras / Santi Alvite

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

A USC, a través da súa fundación, segue a desenvolver no campus universitario o Verán CampUSC 2026, o programa de conciliación familiar do período non lectivo.

Os nenos que participan nesta quenda recibiron este mércores a visita da reitora Rosa Crujeiras e da vicerreitora de Estudantes, Lorena Añón, con quen departiron nunha animada conversa e aproveitaron para suxerir novas actividades en futuras edicións.

Estiveron ademais acompañadas do xerente da Fundación USC, Óscar Hermida, e do director do programa, Anxo Tarrío.

Ao remate do encontro, o grupo marchou ao Colexio de Fonseca para realizar unha visita ao patrimonio cultural universitario.

Neste programa, no que colabora o Concello de Santiago, os rapaces e rapazas coñecen unha importante base de actividades deportivas tradicionais e alternativas, ademais de realizar diferentes obradoiros artísticos e saídas culturais e de natureza, organizadas con criterios psicopedagóxicos e de perspectiva de xénero

Tracking Pixel Contents