Mobilidade
O PSOE insta á Xunta e ao Concello de Santiago a axilizar as 29 novas licenzas de taxi de cara o Xacobeo
O voceiro do grupo municipal socialista, Sindo Guinarte, apunta que «a autorización chega máis de dous anos despois de solicitada»

O voceiro do grupo municipal socialista, Sindo Guinarte. / cedida
O voceiro do PSOE de Santiago, Sindo Guinarte, reclámalles ao goberno bipartito e á Xunta que aceleren a tramitación das 29 novas licenzas de taxi, logo de que a xunta de goberno local aprobase o concurso para a súa concesión o pasado luns. «Un paso que chega máis de dous anos despois da solicitude de autorización remitida polo Concello á administración autonómica».
Guinarte valora a aprobación deste avance pero advirte que «é imprescindible garantir a máxima axilidade no que resta de tramitación», xa que, malia tratarse «dun procedemento complexo, as demoras acumuladas ata o momento resultan inxustificables», e insistiu en que «non poden repetirse nesta fase final ata a concesión definitiva das licenzas».
O concelleiro socialista lembrou nun comunicado á prensa que, segundo as previsións, «os novos taxis non estarán operativos ata a primavera de 2027», un calendario que, ao seu xuízo, «obriga a acelerar ao máximo os trámites pendentes». Guinarte incide en que reforzar a frota de taxis é «unha necesidade» ao tratarse dun servizo que debe responder ás necesidades da veciñanza e ás das persoas que visitan a cidade.
Neste sentido, advirte que «Santiago necesita reforzar canto antes este servizo esencial, ás portas dun novo Ano Xacobeo, que volverá incrementar de forma significativa a demanda de mobilidade na cidade».
Por todo isto, o voceiro do grupo municipal socialista insta a Concello e Xunta a colaborar para culminar este procedemento «coa máxima axilidade» e evitar que «as demoras acumuladas ata o momento volvan condicionar a posta en marcha das novas licenzas».
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- No son peregrinos. Son chavales de fiesta': El Barroquista cuestiona el turismo de Santiago
- Una familia, 24 personas y 110 km: “Para mí el mérito es habernos juntado”
- La heladería que conquista a los peregrinos de Santiago con un sabor único en el mundo: 'Tenemos que reponerlo dos veces a la semana
- Una panadería de Santiago se cuela entre las mejores de España: 'Empecé vendiendo hamburguesas en Venezuela