Un total de 65 proxectos da Universidade de Santiago recibirán financiamento da Xunta ata 2030
A Consellaría de Educación aproba unha partida de 29 millóns de euros para colaborar cun total de 149 grupos de investigación

Uns 65 grupos de investigación da USC reciben axudas da Xunta / Jesús Prieto
Do total de 149 grupos e proxectos de investigación galegos que a Xunta financiará para o seu funcionamento estrutural e estable, 65 pertencen á USC. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este martes a resolución das axudas, cunha inxección de 29 millóns de euros para o período 2026-2030.
A Consellaría de Educación financia un total de 149 agrupacións, das que 127 desenvolven a súa actividade nalgunha das tres universidades públicas galegas (65 na de Santiago, 35 na de Vigo e 27 na da Coruña), mentres que as 22 restantes o fan noutros organismos científicos públicos de investigación de Galicia.
Apoio en todas as fases
A convocatoria inclúe o apoio a Grupos de Referencia Competitiva (Modalidade A), grupos de elite cunha traxectoria moi consolidada e liderados por cientificos recoñecidos; Grupos de Potencial Crecemento (Modalidade B), que aínda se están formando e con traxectorias investigadoras incipientes en procura da excelencia; e a Proxectos de Persoal Investigador con traxectoria excelente (Modalidade C), para investigadores de alto impacto que non están liderando grupos.
Este ano benefícianse un total de 55 grupos na Modalidade A, dos que 25 pertencen á USC, que reciben entre 200.000 e 400.000 euros. Estas agrupacións caracterízanse por bos índices de publicacións científicas, nivel de captación de recursos elevado a nivel estatal e internacional. Na Modalidade B, dos 53 beneficiarios, máis dun terzo -21- son da USC, e disporán ao longo de tres anos dunha contía máxima que oscila entre os 90.000 e os 120.000 euros.
Na Modalidade C benefícianse un total de 41 iniciativas, das que case a metade van parar á USC, con 19. Neste caso refórzase o labor dos científicos máis activos do sistema que obtiveron unha axuda do programa Ramón y Cajal, Juan Rodés e Miguel Servet.
As axudas das tres modalidades van destinadas ao custo de contratación de persoal investigador ou auxiliar, ferramentas de xestión do coñecemento, material funxible e bibliográfico e matrículas en cursos, congresos e seminarios.
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- No son peregrinos. Son chavales de fiesta': El Barroquista cuestiona el turismo de Santiago
- Una familia, 24 personas y 110 km: “Para mí el mérito es habernos juntado”
- Una panadería de Santiago se cuela entre las mejores de España: 'Empecé vendiendo hamburguesas en Venezuela
- Los políticos compostelanos se toman un descanso: retorno a las raíces para desconectar de Raxoi