Infancia en galego
O programa Apego achega actividades ao aire libre á rapazada compostelá
Durante o mes de agosto, todos os martes o parque de Bonaval encherase de contacontos, xogos e ensinanzas

Familias durante o Festival C do Concello de Santiago en 2025. / Santiago Esturao Alzate
R. S.
O programa Apego volve a Compostela coa súa edición de verán. Nesta ocasión, as actividades serán ao aire libre. Os martes ás 18:00, os máis cativos da casa e as súas familias poderán reunirse no parque de Bonaval para gozar da iniciativa.
As actividades promovidas polo programa colectivo Apego teñen como obxectivo fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial. Ao estar en verán, a organización optou por emprazalas no parque de Bonaval, para aproveitar os espazos verdes da cidade e os días de verán. Aínda así, se o tempo non acompaña, o Concello de Santiago aclara que compartirá nas súas redes sociais a localización alternativa.
Esta edición estrearase o 4 de agosto coa Compañía Galeatro e o seu Hotel Paraíso. A rapazada de 4 anos ou máis poderá escoitar a historia do avó de Alba, que traballou durante anos nun hotel. Con esta proposta, os nenos entreteranse mentres que traballan as súas emocións.
O martes da segunda semana de agosto proponse un contacontos participativo que busca ensinar aos cativos sobre sabores e diversidade á vez que escoitan as historias. Pérez & Fernández e o seu Umami son os encargados de levalo a cabo.
A Tantarantiña de Cris de Caldas aterra en Santiago o día 18 de agosto. Esta é a proposta que máis rango de idade abrangue, pois está pensada para todas as idades. Bonaval encherase dunha recompilación de contos pequenos, rimas, arrolos e xogos de palabras coa que as familias poderán pasar a tarde.
Para pechar esta edición veraniega, Brais das Hortas buscará armar unha festa no parque de Bonaval xunto á súa Comisión de Festas. O seu espectáculo buscará a interacción co público para transformar a tarde do 25 de agosto nunha gran festa.
Todas estas actividades teñen o acceso aberto e de balde e buscarán que, durante as actividades, a rapazada poida socializar en galego e así incluír o idioma na primeira infancia.
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- No son peregrinos. Son chavales de fiesta': El Barroquista cuestiona el turismo de Santiago
- Una familia, 24 personas y 110 km: “Para mí el mérito es habernos juntado”
- La heladería que conquista a los peregrinos de Santiago con un sabor único en el mundo: 'Tenemos que reponerlo dos veces a la semana
- Una panadería de Santiago se cuela entre las mejores de España: 'Empecé vendiendo hamburguesas en Venezuela
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo