PP
Verea: "As familias do Quiroga Palacios non poden seguir esperando"
Reclama que o proxecto de ampliación do centro poida avanzar «sen máis demoras»

Borja Verea, candidato do PPdeG para a alcaldía de Santiago. / Cedida
ECG
O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Santiago, Borja Verea, afirmou onte que «as familias do CEIP Cardeal Quiroga Palacios non poden seguir esperando» e lamentou que «unha ampliación tan necesaria para o centro quede agora comprometida por decisións adoptadas polo propio Concello». «Para min hai unha prioridade absoluta neste asunto: os nenos, as súas familias e toda a comunidade educativa. Iso debería estar sempre por riba de calquera outra consideración», sinalou.
Verea lembrou ademais que a ampliación do CEIP Cardeal Quiroga Palacios é unha demanda histórica da comunidade educativa e mostrou a súa preocupación ao coñecer que, despois de meses de tramitación, «o Concello condicionou a posta á disposición da parcela á execución doutras actuacións alleas á propia ampliación do centro educativo, dificultando a continuidade do proxecto».
«Un alcalde ten a obriga de eliminar obstáculos, non de crealos. E cando falamos dun colexio, a prioridade teñen que ser sempre os alumnos e as súas familias», engadiu
O candidato popular asegurou que resulta difícil comprender que unha actuación educativa desta importancia «quede paralizada por decisións do propio Concello». «Os pais e as nais do Quiroga Palacios non queren máis discusións administrativas nin máis atrasos. Queren algo moito máis sinxelo: que os seus fillos teñan o colexio que necesitan. Iso é o importante», incidiu
Ademais, pediu ao goberno municipal que «rectifique e elimine os obstáculos que impiden continuar coa ampliación para que o proxecto poida avanzar sen máis demoras». «Nunca aceptaría que un proxecto educativo desta importancia quedase bloqueado por decisións do propio Concello. A responsabilidade dun alcalde é facer que as cousas sucedan, non explicar por que non suceden», afirmou Verea.
O candidato popular na capital galega fixo un chamamento «a poñer ás familias no centro das decisións públicas». «Os nenos non poden esperar. As familias non poden esperar. Santiago tampouco», concluíu o líder do PP de Santiago.
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- No son peregrinos. Son chavales de fiesta': El Barroquista cuestiona el turismo de Santiago
- Una familia, 24 personas y 110 km: “Para mí el mérito es habernos juntado”
- Una panadería de Santiago se cuela entre las mejores de España: 'Empecé vendiendo hamburguesas en Venezuela
- Los políticos compostelanos se toman un descanso: retorno a las raíces para desconectar de Raxoi