Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

‘Atardecer no Gaiás’ aposta en agosto polo rock, a electrónica e a música urbana

O grupo compostelán Dogo, formado por Carlos Beiró, Xoan Escudero e Ángel Refojo, abre este xoves o programa deste mes

Dogo publicou o ano pasado o seu primeiro EP, ‘Brutalismo’.

Dogo publicou o ano pasado o seu primeiro EP, ‘Brutalismo’. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

O ciclo Atardecer no Gaiás 2026 programa neste mes de agosto catro solpores musicais con seis artistas que conxugan música urbana, pop, electrónica e rock para todos os gustos.

Os concertos gratuítos na Cidade da Cultura arrancan este xoves, día 6, coas guitarras e a distorsión de Dogo, grupo compostelán de rock alternativo con influencias do post-punk e o shoegaze, a partir do que constrúen temas de atmosferas densas e melodías envolventes en galego.

O trío formado por Carlos Beiró (guitarra e voz), Xoan Escudero (baixo e voz) e Ángel Refojo (batería) publicou o ano pasado o seu primeiro EP, Brutalismo, logo de gañar o concurso Sonidos Mans Salas para bandas emerxentes. A actuación será ás 21.00 horas na Praza Central do Gaiás.

Galician Army

Na semana seguinte, o ciclo de concertos de verán no Gaiás impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude programa tres citas consecutivas de mércores a venres.

O 12 de agosto, o dúo lugués Galician Army presentará un set especial coincidindo co fenómeno astronómico do ano: a eclipse total de sol. Alberto Prado e Sergio Vallejo fan electrónica con alma galega, fusionando sintetizadores afiados cunha estética retro e a enerxía da música club.

O ‘Atardecer Fest’ máis urbano

O xoves 13 de agosto a música urbana será a protagonista absoluta coa segunda edición do Atardecer Fest. Serán tres os artistas que, a partir das 20,00 horas, actuarán no Gaiás: a icona da escena rapeira estatal Israel B –cunha comunidade de fans que supera os 835.000 ouvintes mensuais en plataformas–; a revolucionaria e comprometida Santa Salut, renovadora do hip hop da vella escola; e Silee, un dos novos valores galegos no xénero urbano, que aposta por un estilo ecléctico que mestura o rap e o trap con ritmos latinos e tradicionais.

Para rematar a semana e a décimo sexta edición de Atardecer no Gaiás, o venres 14 de agosto será a quenda de Turista Sueca, un trío chegado de Barcelona pero formado por Lander (País Vasco), Jose (Andalucía) e Anna (Galicia), que combina pop e electrónica cunha actitude punk que transforma o cotián en sátira moi bailable.

Tracking Pixel Contents