Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

PSdeG

Abal denuncia a "falta de transparencia" de Raxoi na xestión da taxa turística

A edil socialista reclama que o Foro de Turismo Sustentable se reúna "canto antes"

A concelleira socialista Marta Abal

A concelleira socialista Marta Abal / cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

A concelleira do Grupo Municipal Socialista, Marta Abal, denunciou este xoves a "falta de transparencia" do goberno local de Santiago na xestión da taxa turística despois de que Raxoi dera a coñecer que a recadación por este imposto ascendeu a 1,75 millóns de euros nos primeiros nove meses, desde o 1 de outubro de 2025 ata o 30 de xuño de 2026.

Abal reclamou que o Foro de Turismo Sustentable se reúna "canto antes" para decidir de maneira participada "tanto o destino dos ingresos recadados como o dos que están previsto ingresar de aquí a final de ano". Segundo indicou o mércores a concelleira de Turismo, Míriam Louzao, está previsto celebrar unha xuntanza da Comisión Permanente deste foro en setembro.

"Entendemos que no ámbito do foro e non nunha rolda de prensa é onde o goberno debe informar en primeiro lugar dos ingresos obtidos, dos gastos realizados, dos fondos comprometidos e das actuacións previstas. Parécenos especialmente preocupante que esta información non se trasladase na sesión constitutiva do foro celebrada o pasado 29 de xullo", indicou Abal.

Reclama a "convocatoria inmediata"

Por este motivo, a concelleira do PSOE esixe a "convocatoria inmediata do foro para presentar toda a información económica, aclarar o destino dos fondos xa comprometidos e decidir coa participación dos sectores implicados as actuacións que se financiarán de aquí a final de ano".

"Non podemos permitir que a taxa turística se converta nun fondo que o goberno municipal xestione de maneira discrecional e sen render contas. Tanto os sectores implicados como a cidadanía teñen dereito a saber canto se recada, en que se gasta, que cantidades están comprometidas e con que criterios se decide o destino destes recursos", concluíu Abal.

Tracking Pixel Contents