Rehabilitación de vivenda
Raxoi apunta a 2027 para iniciar as obras de nove vivendas na Caramoniña
O Concello presentou o proxecto de rehabilitación de cinco inmobles en ruínas da man do estudo Estar Aquitectos
Lestegás remarca que será o punto de partida dun parque de vivenda municipal en alugueiro

Aurora Armental e Stefano Ciurlo Walker, de Estar Arquitectos, e o edil Iago Lestegás, coa maqueta do proxecto / Cedida

O goberno local de Santiago apunta ao ano 2027 para o comezo das obras de rehabilitación de cinco inmobles en ruínas na rúa da Caramoniña que darán lugar á construción de nove vivendas. O concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, ofreceu este prazo na presentación do proxecto, acompañado polos seus responsables, Aurora Armental e Stefano Ciurlo Walker, do estudo Estar Arquitectos.

Aspecto actual dos cinco inmobles en ruínas na rúa da Caramoniña / Jesús Prieto
O edil indicou que o próximo paso será levar o proxecto á Comisión Asesora de Patrimonio Histórico, previsiblemente en setembro. Unha vez reciba o visto bo, os arquitectos terán un prazo de dous meses para elaborar o proxecto de execución para despois pasar á fase de licitación das obras. "En todo caso, nós contamos con empezar a obra en 2027", sinalou Lestegás.
Características das vivendas: dfierente tamaño e distribución
Na comparecencia explicaron os detalles das vivendas, que serán "variadas no seu tamaño e na súa distribución, porque os fogares son diversos e as vivendas tamén o deben ser", indicou o concelleiro. Deste xeito, catro delas terán un dormitorio, outras catro serán de dous e haberá unha de tres. Terán unha superficie útil entre 50,5 e 88,8 metros cadrados, cunha media de 60,8.

Maqueta do proxecto de rehabilitación elaborada por Estar Arquitectos / Andrés Fraga
O inmoble situado na parte máis baixa da rúa resérvase como adaptado a persoas con mobilidade reducida. Na parcela contigua, levantarase un edificio de nova construción, no que a planta baixa será para estancias de uso común, como sala de estar ou lavandaría. Ademais, na casa ubicada na parte máis alta, está previsto executar unha nova planta. O deseño dos edificios combina a estrutura de pedra orixinal con novos volumes en madeira e cuberta de tella, así como o aproveitamento dos espazos exteriores entre os edificios e a ruela.
Modelo de vivenda municipal en alugueiro
Lestegás destacou que as políticas públicas deben abordar o problema da vivenda en tres dimensións: a asequibilidade, a calidade e a sustentabilidade. Desta maneira, considerou que o proxecto da Caramoniña "é un exemplo", xa que, no tocante á asequibilidade, "serán vivendas en alugueiro accesible e integrarán un parque de vivenda municipal". No que se refire á calidade, sinalou que "é moi coidadoso cos edificios existentes e co lugar onde están situados". E en relación á sustentabilidade, recordou que a actuación permite recuperar "cinco ruínas" e revitalizar "un espazo esquecido de gran valor patrimonial no centro de Santiago".
O concelleiro puxo en valor tamén que este será o punto de partida "dun modelo de vivenda municipal en alugueiro que ata agora non existe". Lestegás engadiu que este parque medrará a través da "adquisición e rehabilitación doutros edificios en desuso na cidade histórica", un propósito para o que lembrou que Raxoi dispón de tres millóns de euros.
- Un gallego licenciado en la USC, nuevo presentador de ‘Directo al grano’ tras la llegada de Gonzalo Miró a ‘Malas Lenguas’ en sustitución de Jesús Cintora
- Muere Luciano Pérez Villar, 'Chano', histórico referente de la hostelería compostelana
- María Meijide, la última vecina de un histórico edificio del Toural, deja Santiago: “Unha parte moi importante do meu traballo está aquí”
- Denuncia que cierran en Santiago su ciclo de FP a un curso de terminar sin darle opciones
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Una familia, 24 personas y 110 km: “Para mí el mérito es habernos juntado”
- La heladería que conquista a los peregrinos de Santiago con un sabor único en el mundo: 'Tenemos que reponerlo dos veces a la semana
- La lluvia desata una mañana caótica en Santiago y Oroso: tres accidentes con dos vehículos volcados en menos de una hora