Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Municipal

Raxoi colaborará coa Fundación de Medicina Xenómica para favorecer en Santiago a construción dunha nova sede

A Xunta de Goberno adxudica as obras de ampliación da rede de saneamento e aproba a convocatoria de axudas para dinamizar o pequeno comercio

Amplíase a 40.000 euros a cantidade a percibir por cada entidade dinamizadora do pequeno comercio de Santiago.

Amplíase a 40.000 euros a cantidade a percibir por cada entidade dinamizadora do pequeno comercio de Santiago. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

K.M.

Santiago

Raxoi colaborará coa Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica para favorecer a implantación da nova sede da entidade en Santiago. Así o acordou este luns nunha sesión ordinaria a Xunta de Goberno Local, sobre un protocolo de colaboración do que a portavoz municipal explicou que pretende posibilitar a construción da devandita sede e instalacións para a fundación. Obxectivo para o que o Concello impulsará a tramitación das actuacións necesarias que permitan a cesión da parcela baleira a carón do aparcadoiro en superficie de Santa Marta, na rúa das Trece Rosas.

Na actualidade, esta entidade está ubicada no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), pero precisa de máis espazo para levar a cabo as investigacións e actividades científico sanitarias que desenvolve.

Aportacións ao sistema galego de saúde

A Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica préstalle servizos ao sistema galego de saúde sobre asesoramento xenético para o diagnóstico de enfermidades de orixe xenética, de xenética oncohematolóxica para diagnose e tratamento de pacientes, probas farmacoxenéticas ou análises xenéticas para detectar alteracións no xenoma susceptibles de provocar enfermidades.

Desenvolve unha actividade investigadora que a fixo acredora dun amplo recoñecemento a nivel nacional e internacional. Participa en organizacións como o Grupo de Medicina Xenómica da USC, o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) ou en proxectos e consorcios nacionais e internacionais, como HELIX Cohor ou PanCanRisk.

«A construción supón o establecemento na cidade dunha entidade sanitaria e investigadora punteira, de prestixio e relevancia internacionais, que beneficiará á cidade, consolidando a súa relevancia no campo científico-sanitario», valorou Míriam Louzao.

Demolición dunha vivenda unifamiliar

Por outra banda, adxudicouse o contrato de obras da ampliación da rede de saneamento no sector leste do lugar de Formarís (Enfesta) á empresa Obras y Viales de Galicia SL, que presentou oferta por valor de 251.420,00 euros (IVE incluído). Este proxecto está dentro do plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2025. O prazo de execución das obras é de catro meses.

No tocante ás licenzas de obra maior, a Xunta de Goberno deu luz verde á demolición de vivienda unifamiliar sita no número 26 da rúa do Carme de Abaixo e á construcción dun muro de contención nas parcelas dos números 11 e 12 da rúa da Virxe da Cerca.

Cesión de uso das piscinas municipais

Aprobouse tamén ás bases reguladoras da convocatoria de cesión de usos das piscinas municipais, a convocatoria de axudas para a realización de actividades de dinamización e promoción do pequeno comercio e outros convenios de colaboración.

No caso da dinamización do pequeno comercio, a convocatoria está dirixida ás asociacións de comerciantes ou entidades representativas, sen fins de lucro, que teñan a súa sede social e ámbito de actuación en Santiago. Para optar ás axudas deben ter un mínimo de quince establecementos asociados e que o 60% pertenzan ao sector comercial.

Este ano increméntase a cantidade máxima a percibir por cada entidade ata os 40.000 euros.

Tracking Pixel Contents