Rural compostelán
O PP de Santiago di que hai parroquias sen actuacións específicas nos últimos anos
"Goretti Sanmartín descobre o rural a dez meses das eleccións despois de tres anos de abandono", critica Nerea Barcia

Nerea Barcia, concelleira do Partido Popular de Santiago. / Cedida
Redacción
«Goretti Sanmartín descobre o rural a dez meses das eleccións despois de tres anos de abandono» foron as palabras coas que a edil do Partido Popular de Santiago Nerea Barcia referiuse ás afirmacións da alcaldesa asegurando que o goberno municipal está intentando reequilibrar os investimentos entre as parroquias do norte e o sur de Santiago.
Para Barcia, resulta «sorprendente que despois de tres anos gobernando recoñezan agora que hai que equilibrar os investimentos», xa que entende que eso significa que «durante estes anos non houbo equilibrio».
Preocupación "sobrevida"
Para a edil popular, «resulta difícil crer nesta preocupación sobrevida polo rural cando se achegan as eleccións municipais. As parroquias necesitan atención durante os catro anos, non cando faltan dez meses para votar. Necesitan planificación, investimentos e solucións aos seus problemas, non anuncios de última hora».
Advertiu tamén das importantes diferenzas existentes entre unhas parroquias e outras, con zonas que concentran investimentos mentres noutras non figura ningunha actuación específica nos últimos anos. «Todos os veciños de Santiago teñen os mesmos dereitos, vivan onde vivan. Non pode haber parroquias de primeira e parroquias de segunda», subliñou.
Instou ao goberno municipal a abandonar a improvisación e establecer unha planificación a medio prazo que permite coñecer as necesidades das 21 parroquias e fixar prioridades con criterios obxectivos.
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Las fiestas de a Nosa Señora da Mercé de Conxo vuelven con música, pulpo y un emotivo homenaje a Kiko Fernández
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- Luis Zahera y Tamar Novas protagonizan la próxima apuesta de Netflix y no es 'Clanes': una película con Santiago muy presente
- Christian Gálvez vuelve a Galicia: «Elegí Jacob para el ‘prota’ del libro que abre la saga como homenaje a Santiago»