Investigación
A Universidade de Santiago capta o 71 % dos contratos predoutorais da Xunta en 2026
É a única institución do sistema universitario galego que mantén unha tendencia ascendente, pasando de 59 a 64

A Universidade de Santiago capta sete de cada dez contratos predoutorais da Xunta. / Santi Alvite
Redacción
A Universidade de Santiago converteuse este ano na única institución do Sistema Universitario de Galicia (SUG) que debuxa unha dinámica ascendente na captación de contratos predoutorais da Xunta de Galicia, pasando de 59 en 2025 a 64 en 2026. En concreto, na última convocatoria do goberno autonómico, que acaba de resolverse, dos 102 investigadores beneficiados, 90 incorporaranse no inicio de curso ás tres universidades galegas: 64 chegan á USC, 14 á UDC e 12 á UVigo. Estas cifras tradúcense en que a institución compostelá xermola o 71 % dos contratos predoutorais da Xunta outorgados ás universidades galegas.
Por un período de seis anos
En canto ás axudas posdoutorais, o seguinte chanzo na carreira investigadora, 49 son para investigadores por un período de seis anos que realizarán o seu traballo nas universidades galegas (40 do total) e noutras entidades (9 do total). Das 40 persoas que se incorporarán ás universidades galegas, 23 irán á USC, 15 á UVigo e 2 á UDC.
Outros 21 investigadores posdoutorais atópanse nunha situación de continuidade da súa etapa posdoutoral, polo que seguirán por tres anos máis, ata 2029. Neste caso, 20 investigadores desenvolven a súa carreira nas tres universidades galegas (12 na USC, 6 na UVigo e 2 na UDC) e un no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS).
- La Panadería Moure dice adiós a Pontepedriña tras más de 70 años: «Los clientes venían porque les gustaba nuestro pan, pero también por el trato»
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Un vehículo se sale de la vía en una calle de Santiago, se empotra contra un banco y deja varias personas heridas
- Las fiestas de a Nosa Señora da Mercé de Conxo vuelven con música, pulpo y un emotivo homenaje a Kiko Fernández
- Cuatro orquestas y diez conciertos: la gran verbena con Los Satélites que llega esta semana a 30 minutos de Santiago
- Christian Gálvez vuelve a Galicia: «Elegí Jacob para el ‘prota’ del libro que abre la saga como homenaje a Santiago»
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río