Universidade
A USC acapara a maioría dos premios aos expedientes de grao
Os galardóns Ángela Ruiz Robles recoñecen o labor dos mellores estudantes cunha dotación económica que chega ata 1.600 euros

Estudantes no Campus Vida da USC / Antonio Hernández
A Consellaría de Educación acaba de recoñecer a excelencia de 480 estudantes de grao do Sistema Universitario de Galicia cos Premios Ángela Ruiz Robles. Os galardóns, dirixidos ao estudantado con mellores notas de cada curso de grao –agás o último, no que se conceden os Premios de fin de carreira–, teñen unha dotación económica de ata 1.600 euros e concédense a proposta das universidades galegas.
Segundo publicou o Diario Oficial de Galicia, 183 dos premiados estudan na Universidade de Santiago de Compostela, 144 na Universidade de Vigo, 131 na Universidade da Coruña e 22 na Universidad Intercontinental de la Empresa. O 63 % das premiadas nesta ocasión son mulleres e o 37 %, homes. Os galardóns correspóndense coas cualificacións do curso 2024/25.
Recoñecemento á excelencia
No que atinxe ás ramas de coñecemento, Ciencias Sociais e Xurídicas é a que conta con maior número de persoas galardoadas, un total de 216 (45%); seguida de Enxeñaría e Arquitectura, con 97 (20%); Ciencias da Saúde, con 63 (13%); Artes e Humanidades, con 54 (11%), Ciencias, con 50 premiados (11%).
En canto ás mellores cualificacións, na USC a máxima é un 10, que obteñen sete estudantes: dous do grao en Medicina, un en Matemáticas, un en Comunicación Audiovisual, un en Psicoloxía, un en Xornalismo e un no dobre grao en Mestre de Educación Infantil e de Educación Primaria.
Para optar ao recoñecemento, o estudantado debía ter no curso unha nota media igual ou superior a oito puntos e ter superado a totalidade dos créditos matriculados, que como mínimo serán 60. Cada galardoado recibe unha contía base de 1.100 euros e, no caso de existir remanente as persoas premiadas que teñan unha nota media igual ou superior a 9 recibirán unha contía complementaria de 500 euros, comezando desde os expedientes con maior nota media ata esgotar o orzamento.
Mestra e exemplo de valores
Os galardóns reciben o nome de Ángela Ruiz Robles, mestra e exemplo de valores como o esforzo, o tesón, a excelencia, a continua aprendizaxe e a vocación de servizo. Ademais, en 1949 inventou e rexistrou a patente da enciclopedia mecánica, que está considerada o antecedente do libro electrónico.
Nada no ano 1895 en Villamanín (León), Ángela Ruiz Robles trasladouse en 1918 a Ferrol. Foi docente e directora de varias escolas, como a de nenas no Hospicio de Ferrol ou o Instituto Ibáñez Martín. Así mesmo, fundou a Academia Elmaca na que desenvolveu un labor pedagóxico e social que lle valeu a concesión en 1947 da Cruz de Alfonso X o Sabio, por accións como impartir clases nocturnas gratuítas ás persoas con poucos recursos.
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Las fiestas de a Nosa Señora da Mercé de Conxo vuelven con música, pulpo y un emotivo homenaje a Kiko Fernández
- Christian Gálvez vuelve a Galicia: «Elegí Jacob para el ‘prota’ del libro que abre la saga como homenaje a Santiago»
- La Panadería Moure dice adiós a Pontepedriña tras más de 70 años: «Los clientes venían porque les gustaba nuestro pan, pero también por el trato»
- El pub de Santiago donde la gente se reúne para hablar de la muerte: 'Aquí nadie te juzga ni te mira raro
- El negocio de Santiago con 136 años que se adelantó a la venta online: 'El Internet de antes eran los buses