Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Todo listo en Sar para vivir os seus días máis especiais

Do 15 ao 17 de agosto, o emblemático barrio compostelán celebrará as súas festas, con actos relixiosos, música e un bo feixe de actividades

Sar na edición pasada das súas festas. | ANTONIO HERNÁNDEZ

Sar na edición pasada das súas festas. | ANTONIO HERNÁNDEZ

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Saínza Seoane

Santiago

Ás 10.00 da mañá deste sábado 15 de agosto, no ceo da parroquia de Sar retumbarán das bombas que marcan o comezo das súas festas. O barrio compostelán vestirase de gala o sábado coa Festa na honra da Nosa Señora. O domingo continuarán as celebracións no día de San Roque e, o último día, os actos estarán dedicados a Santa Mariña.

Festas de Sar 2026

Festas de Sar 2026

Festas de Sar 2026

Durante tres días, o programa de festas incluirá actos relixiosos, pasarrúas, música, competicións populares, actividades infantís e grandes verbenas.

As festas de sempre

A actual comisión de festas despídese despois dun ano cheo de eventos e iniciativas. Os encargados de levar a cabo as Festas de Sar aclaran que non haberá cambios nesta edición e o programa non contará con grandes novidades. Como destaca a presidenta da comisión, ter un itinerario de festas similar ao de anos anteriores forma parte da esencia das celebracións do barrio: “Son as festas tradicionais, as de todos os anos e toda a vida, e é tamén por conservar esa tradición e que siga sendo así”.

O sábado comezará co disparo de 21 bombas e pasarrúas da Charanga Os Celtas, O Son do Viso e A. F. Colexiata do Sar. Haberá rosario ás 11.30 horas e misa solemne ás 12.30 na honra da Nosa Señora. A sesión vermú estará amenizada pola Banda de Música Municipal de Calo e o Dúo Ibiza, que tamén actuará pola noite xunto ao Grupo Galaxia. Pola tarde, ás 17.30, celebraranse os partidos de solteiras contra casadas e de solteiros contra casados.

O domingo 16, día de San Roque, repetiranse os actos relixiosos e o pasarrúas, desta vez coa Charanga BB+ na sesión vermú. Pola tarde haberá un torneo de chave para socios e socias e, pola noite, actuarán Soporano e Grupo Bomba.

O luns 17, último día das festas, as 21 bombas anunciarán o inicio da xornada. O Son do Viso e A. F. Colexiata do Sar protagonizarán o pasarrúas. Os actos relixiosos trasladaranse a O Viso, con rosario ás 11.00 e misa ás 12.30. A sesión vermú correrá a cargo de Obice Capital e pola noite actuarán Metrópolis e a disco móbil Impacto. Os máis pequenos terán o seu momento ás 17.30 co Día do Neno e Infantilandia.

Remuda na comisión

O programa mestura tradición e ocio e, ademais, será a despedida da actual comisión de festas. Despois dun ano de festas e eventos, o equipo de ‘Eu de Sar de toda a vida’ despedirase do seu posto no último día das festas, pero non sen antes animar os demais veciños de facerse cargo da comisión no 2027: «Dende aquí animamos a toda a xente a que colla a remuda e que manteña viva esta tradición».

Os responsables destacan o significado das festas de Sar para quen vive no barrio: «Son tres días de festa, de xuntarse coa familia e cos veciños e de ver a xente que realmente é do barrio, e iso é bonito». n

Tracking Pixel Contents