Lembranza
A homenaxe do Concello de Santiago a Ánxel Casal vinculará a súa figura con Camilo Díaz Baliño
O acto institucional, que terá lugar o 19 de agosto en Raxoi, contará coa intervención de Pepe Barro

Estatua en homenaxe á figura de Ánxel Casal xunto á biblioteca que leva o seu nome en Santiago. / Cedida
Redacción
O acto institucional co que o Concello de Santiago lembrará a Ánxel Casal vinculará a figura do alcalde republicano coa do ilustrador Camilo Díaz Baliño.
A homenaxe terá lugar o próximo mércores, 19 de agosto, a partir das 12:00 horas no Pazo de Raxoi e contará coa participación de representantes municipais de Santiago, Teo e Arzúa, tres localidades unidas polos lazos históricos que comparten coa súa figura, e nela intervirá o deseñador Pepe Barro.
Ese día cúmprense 90 anos do asasinato en Cacheiras de Ánxel Casal, en cinco días antes na estrada de Palas de Rei a Melide fora asasinado o ilustrador do Concello compostelán Camilo Díaz Baliño.
Represaliados por defender a liberdade
Por este motivo, decidiuse honrar a memoria de ambos, nun acto institucional que estará encabezado pola alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e que estenderase a todas as persoas represaliadas por defender a liberdade, a democracia e os dereitos colectivos. Á esta cita están convidadas diferentes persoas e entidades vinculadas ao ámbito da memoria histórica.
O recoñecemento ao alcalde republicano foi institucionalizado polo Concello de Santiago no ano 2023, cun acto co que o goberno local pretende reafirmar o seu compromiso coa recuperación da memoria histórica e coa posta en valor das persoas que loitaron polos dereitos civís, pola cultura galega e pola reconstruciòn dun país máis xusto e igualitario.
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Las fiestas de a Nosa Señora da Mercé de Conxo vuelven con música, pulpo y un emotivo homenaje a Kiko Fernández
- Christian Gálvez vuelve a Galicia: «Elegí Jacob para el ‘prota’ del libro que abre la saga como homenaje a Santiago»
- El pub de Santiago donde la gente se reúne para hablar de la muerte: 'Aquí nadie te juzga ni te mira raro
- El negocio de Santiago con 136 años que se adelantó a la venta online: 'El Internet de antes eran los buses
- De rodarse muy cerca de Santiago al ‘prime time’ de Antena 3: así es la serie que revive hoy en TV la Galicia del siglo XX