Formación universitaria
Os populares esixen ao Goberno central que non suprima o financiamento para as novas prazas de Medicina
Pazos tacha de «inadmisible» unha decisión por parte do Executivo central que considera que prexudica gravemente a planificación universitaria e a formación de futuros médicos

O PPdeG esixe o mantemento do financiamento para as novas prazas de Medicina na USC. / Jesús Prieto
K.M.
«É inadmisible». Así calificou este venres o portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Pazos, a decisión do Goberno central de suprimir o financiamento estatal destinado ás novas prazas de primeiro curso do grao de Medicina na Universidade de Santiago para o próximo curso.
Considerou que supón «un grave prexuízo» para o sistema universitario galego e para a formación de futuros médicos na comunidade, e engadiu que contradí a necesidade de incrementar a capacidade formativa das facultades de Medicina para facer fronte á escaseza de facultativos, garantir o relevo xeracional e cubrir as demandas asistenciais da cidadanía. Unha necesidade que, destacou, é amplamente recoñecida.
Achega de dous millóns en outubro
Recordou que en outubro o Goberno central anunciou unha achega de dous millóns para o financiamento de 138 prazas na USC, incidindo en que era unha medida para atender unha necesidade estrutural do sistema sanitario de contar con máis profesionais médicos, e solicitaba a colaboración na financiación das diferentes comunidades: «A Xunta de Galicia atendeu ese requirimento. A USC, tamén», dixo.
Tras ver «imprescindible» que o Executivo central manteña o compromiso financeiro para que non se castigue o traballo desenvolvido por Galicia, con importantes esforzos organizativos, docentes e de infraestrutura por parte das universidades para ampliar a súa oferta académica, dixo que a retirada unilateral desdes fondos xera unha inseguridades institucional que dificulta de forma irresponsable a planificación universitaria a medio e longo prazo.
Rexistra unha proposición non de lei
O Grupo Popular rexistrou no Parlamento unha proposición non de lei na que solicita que a Xunta traslade ao central unha serie de demandas urxentes, e reclama que se garantan os recursos económicos necesarios para soster a ampliación das prazas de Medicina para evitar que sexan as universidades galegas as que o teñan que asumir con fondos propios.
Insta tamén a abrir unha mesa de diálogo coas comunidades e universidades públicas para acordar «un modelo de financiamento estable, suficiente e plurianual».
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- Luis Zahera y Tamar Novas protagonizan la próxima apuesta de Netflix y no es 'Clanes': una película con Santiago muy presente
- De perseguir autógrafos en Lavacolla a levantar la Copa del Mundo: Borja Iglesias vuelve a casa para ser homenajeado
- «Comer los callos o la cabra era una tradición y también un privilegio»