Festas de agosto
A misa nas Santas Mariñas pecha a festa grande do barrio de Sar
A parroquia, que o ano pasado convidou a Angrois, implicou desta volta ao Viso, de onde parteu a procesión

"De hoxe nun ano... menos un mes", pechaba así a cerimonia relixiosa o párroco de Sar, Ricardo Sanjurjo, na capela das Santas Mariñas, último evento da festa grande do barrio de Sar, que o 15 festexou a Santa María (a Maior e Real), o 16 a San Roque e, este luns, a Santa Mariña, cuxa onomástica é o 18 de xullo.
A santa, acompañada polas figuras pequenas de Santa María, San Roque e Santa Mariña partiu este ano dende o Viso. A parroquia, que outrora ía do Restollal ata Mallou, segue a ser a dos fregueses do Viso, de Santas Mariñas, de Angrois... E precisamente estes últimos volveron ter o luns un certo protagonismo: lanzaron 24 bombas de palenque na honra de Santa Mariña.
Ademais das bombas non faltaron os gaiteiros, acompañando a virxe e a festa, durante a procesión e no remate da misa cantada, antes dos pinchos. A mellor ocasión para seguir confraternizando. Tamén os máis pequenos, que ademais de formaren parte do grupo de gaitas puideron gozar na tarde co Día do Neno e Infantilandia.
Así e todo a festa seguiu, verbena nocturna con Metrópolis e a disco móbil Impacto. O verán anuncia a súa fin no barrio de Sar, e por extensión en Compostela.
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- Luis Zahera y Tamar Novas protagonizan la próxima apuesta de Netflix y no es 'Clanes': una película con Santiago muy presente
- «Comer los callos o la cabra era una tradición y también un privilegio»
- Fallece en Santiago Diana Katherine Ramos, la joven que había protagonizado una misteriosa desaparición diez años atrás en Albacete
