Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Centros escolares

Educación cualifica de “chantaxe” ter que urbanizar a parcela anexa ao Quiroga Palacios e o Concello nega tal condicionante

A Xunta presenta o proxecto básico para a ampliación do CEIP denunciando as “ilegais” condicións que di lle impón o goberno compostelán

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ana Triñáns

Ana Triñáns

Santiago de Compostela

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, compareceu este martes en rolda de prensa, xunto ao seu corpo técnico, para presentar o proxecto básico da ampliación do CEIP Quiroga Palacios e denunciou a “chantaxe” e máis a “ilegalidade” dun condicionante imposto polo Concello de Santiago que o goberno local negou hai días.

Dende Educación recoñécese a necesidade de ampliar o centro educativo polo crecemento demográfico da zona, na área de Conxo-Santa Marta, e explican que cunha superficie duns 1.600 metros cadrados poden construír unha edificación que permita a independización do alumnado de Infantil do de Primaria. O conflito chega cando, segundo explican dende a Xunta, o Concello condiciona esa cesión a que a Comunidade Autónoma “urbanice e axardine unha parcela anexa, non adscrita ao uso educativo”, explicaba o conselleiro en rolda de prensa.

“En todos os anos como conselleiro nunca se producira algo así”, aclarou Rodríguez, pois segundo indica as cesións son libres de gravames e condicionantes e, ademais, “está fóra da legalidade” que a Xunta actúe nesa parcela competencia do Concello de Santiago. Dende Raxoi comunicouse que “non se pide a reurbanización e o axardinamento da parcela restante senón da parte que actualmente é aparcadoiro”, e onde a Xunta prevé a construción do novo aulario.

Dende Raxoi faise referencia a este aparcadoiro na procura de que non desapareza e asegúrase que o “malentendido” sobre este punto foi aclarado pola xefa municipal de Patrimonio nun escrito dirixido á Xunta de Galicia. Malentendido ao que tamén fixo mención, en resposta a este diario, a subdirectora xeral de Construcións e Equipamentos, Rosa Soñora. “Hai unha bolsa de aparcamento municipal, pero a urbanización e o acceso que nos piden non é necesaria”, afirmou. Á nova edificación accédese dnde unha área xa urbanizada e a través do futuro patio cuberto.

Con todo, Raxoi considera que a ampliación “debera ser máis ambiciosa”, polo crecemento demográfico da área pero Educación considera que co seu proxecto se resolve a cuestión no medio prazo: “Gañamos seis aulas”, afirma Román Rodríguez, na área xa construída e que, de obter licenza “con celeridade” segregará no curso 2028/29 o alumnado de Infantil e Primaria do Quiroga Palacios.

Unha obra de 1,3 millóns

O conselleiro Román Rodríguez matizou na rolda de prensa que a Xunta de Galicia ten adiantado o traballo para iniciar a obra en canto o Concello de Santiago dea a licenza. «Contamos cun investimento total de máis de 1,3 millóns» de euros e puntualizou que a Administración autonómica leva «traballando un ano nesta amplianción» que «con sensibilidade e celeridade» por parte de Raxoi pode estar resolta para o curso 2028/2029.

Unha vez que o Concello conceda a licenza, comezará o prazo da Xunta para licitar a obra, un proceso que demora entre tres e catro meses, habitualmente. Logo disto, segundo confirmou a subdirectora xeral de Construcións, Rosa Soñora, o prazo de execución para a ampliación do Quiroga Palacios é dun total de dez meses, habilitándoo para o curso de 2028. n

Tracking Pixel Contents