O PP de Santiago denuncia tres anos sen resposta do BNG aos veciños de Corexo ante a problemática das vacas soltas
A concelleira Nerea Barcia reclama unha solución "inmediata" despois de reunirse cos afectados

Vacas nun prado. / Bernabe/Javier Lalin
L.R.
A veciñanza de Corexo, na parroquia de Marrozos, leva desde 2023 reclamando unha solución ante a presenza de vacas soltas na zona, sen que, tres anos despois, o goberno municipal se reunise cos afectados para escoitar as súas demandas. O PP compostelán denuncia agora a falta de resposta do Concello e reclama que se atenda unha situación.
A concelleira Nerea Barcia lamentou que, durante todo este tempo, “a veciñanza trasladou en numerosas ocasións a situación que está a sufrir e, lonxe de atopar unha resposta por parte do goberno de BNG e CA, o problema foi agravándose”.
“As vacas andan frecuentemente soltas pola estrada, chegando incluso a desprazarse ata concellos limítrofes. Segundo trasladan os veciños, esta situación xa provocou varios accidentes e supón un importante risco tanto para os condutores como para os peóns e a propia veciñanza”, explicou Barcia.
A concelleira popular considera “incomprensible” que, despois de tres anos de protestas e reclamacións, o goberno municipal non se sentase cos afectados para coñecer directamente o problema. “O mínimo que se lle pode pedir a un goberno é que escoite aos seus veciños, especialmente cando están advertindo reiteradamente dunha situación que pode afectar á súa seguridade”, afirmou.
"Os propios veciños e veciñas vense obrigados a gardar as vacas durante as noites"
Barcia remarcou que “a situación chegou ata tal punto que os propios veciños e veciñas se ven obrigados a gardar as vacas durante as noites, co fin de evitar que volvan saír e poidan provocar novos incidentes”.
Nerea Barcia reuniuse en varias ocasións cos veciños e veciñas de Corexo para escoitar de primeira man as súas preocupacións, coñecer as dificultades que están a vivir e comprobar persoalmente o que está a acontecer na zona.
“Mentres os veciños levan desde 2023 reclamando unha solución, o goberno municipal leva tres anos sen ser capaz nin sequera de reunirse con eles. Non estamos ante unha situación puntual nin ante unha protesta recente: son tres anos pedindo que alguén os escoite e actúe”, incidiu.
Dende o Partido Popular reclaman ao goberno de BNG e CA que “deixe de mirar para outro lado”, manteña de maneira inmediata unha reunión coa veciñanza e analice a situación na súa totalidade para actuar, dentro das competencias municipais e en coordinación coas administracións e servizos que corresponda.
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Las fiestas de a Nosa Señora da Mercé de Conxo vuelven con música, pulpo y un emotivo homenaje a Kiko Fernández
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- Luis Zahera y Tamar Novas protagonizan la próxima apuesta de Netflix y no es 'Clanes': una película con Santiago muy presente
- Christian Gálvez vuelve a Galicia: «Elegí Jacob para el ‘prota’ del libro que abre la saga como homenaje a Santiago»