Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Obras

Raxoi verifica a fin das actuacións na rúa San Martiño de Aríns

Dende abril rexenerouse o pavimento en 2,5 quilómetros e creouse unha senda peonil

Pilar Lueiro e Goretti Sanmartín na rúa San Martiño de Arín

Pilar Lueiro e Goretti Sanmartín na rúa San Martiño de Arín / cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a edil de Medio Rural, Pilar Lueiro, visitaron esta martes a rúa San Martiño de Aríns, onde os traballos de rexeneración do pavimento asfáltico e de construción dunha senda peonil que deron comezo a finais de abril remataron neste mes de agosto. Segundo informaron dende o Pazo de Raxoi, a intervención «desenvolveuse nun espazo de case 1.200 metros de lonxitude».

O desenvolvemento da senda peonil que se vén de crear «permite mellorar a seguridade na zona para peóns e vehículos», apuntan dende o goberno local. Ademais, as obras «permitiron tamén ampliar a rede de abastecemento da auga que dá servizo tanto a vivendas como a espazos urbanizables». O orzamento para esta obra foi de 322.512 euros (IVE incluído).

Estas actuacións forman parte da Fase II dos traballos na rúa San Martiño e dan continuidade á anterior Fase I, que abrangueu outros 1.170 metros de rúa dende o final da actual intervención ao cruzamento coa estrada AC-261. Aqueles traballos, que se adxudicaron en outubro de 2024, contaron cun orzamento de 347.720 euros.

«Remata deste xeito esta ampla intervención na área rural, con máis de 2 quilómetros de obra e un investimento conxunto de case 700.000 euros», aseguran fontes do goberno local no seu comunicado de prensa. A Fase I estivo cofinanciada a través do POS 2023 da Deputación da Coruña, e a Fase II estivo asignada ao POS 2024 da mesma institución.

Tracking Pixel Contents