Centros escolares
Raxoi aposta por resolver as necesidades do Quiroga Palacios
A alcaldesa Sanmartín tacha de «polémica absurda» o desencontro de Concello e Xunta en relación á obra do colexio compostelán

Jesús Prieto

O Consellería de Educación presentou este martes o seu proxecto básico para a ampliación do CEIP Quiroga Palacios, situado entre Conxo e Santa Marta, unha das áreas de maior crecemento demográfico do Concello de Santiago. Dende a Xunta, o conselleiro Román Rodríguez, poñía o foco en que a cesión por parte do municipio dunha parcela de 1.600 metros cadrados viña condicionada pola urbanización doutra finca anexa ao centro pero sen adscrición a Educación de 14.000 metros.
Máis alá de que as cifras de superficie achegadas por Concello e Xunta non coinciden, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, reiterouse este mércores en que o maior interese é «resolver as necesidades da comunidade educativa», polo que a cesión de dita parcela será, como manda a legalidade, libre de gravames.
A alcaldesa defendeu novamente que «despois de distintas reunións, ao anteproxeto que presentou a Xunta a finais de maio demos resposta dende a xunta de goberno en xuño coa posta a disposición da parcela», reivindicando a celeridade do goberno local neste trámite, requirida tamén por parte do conselleiro Román Rodríguez na rolda do martes pasado..
Así e todo, Sanmartín tachou estas discrepancias como «unha polémica absurda», e reiterou o xa informado a primeiros de mes dende o Concello e reiterado o martes pola edil de Educación, Míriam Louzao, sobre que o que se pide un acceso individual para o novo aulario e na que se lamenta «que o proxecto da Xunta non sexa máis ambicioso».
Actualización por lei
Marcos Maceira, representante da ANPA (Asociación de Nais e Pais) Athenea do colexio plurilingüe Quiroga Palacios, comentou en conversa con EL CORREO GALLEGO que a pelexa da ANPA comezou hai xa dous anos e destacou que «non houbo máis contacto coa Consellería de Educación que un encontro casual co conselleiro nunha visita ao centro».
Maceira defende que a necesidade de ampliación do centro, polo que levan pulando dende hai dous anos, vai máis alá do crecemento demográfico da área, «é o que establece a norma», xa que o centro agora mesmo ten dificultades para desdobrar aulas, non conta con ximnasio porque este espazo se destinou ao comedor e outras carencias que levaron a ANPA, ante a falta de diálogo co consellería, segundo conta, a reclamar estas melloras ante a Valedora do Pobo. Dous requerimentos que tamén quedaron sen resposta por parte da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Las fiestas de a Nosa Señora da Mercé de Conxo vuelven con música, pulpo y un emotivo homenaje a Kiko Fernández
- Christian Gálvez vuelve a Galicia: «Elegí Jacob para el ‘prota’ del libro que abre la saga como homenaje a Santiago»
- El pub de Santiago donde la gente se reúne para hablar de la muerte: 'Aquí nadie te juzga ni te mira raro
- El negocio de Santiago con 136 años que se adelantó a la venta online: 'El Internet de antes eran los buses
- De rodarse muy cerca de Santiago al ‘prime time’ de Antena 3: así es la serie que revive hoy en TV la Galicia del siglo XX