Repavimentación
Goretti Sanmartín sobre Doutor Teixeiro e Fonte de Santo Antonio: "obras absolutamente imprescindibles" no centro neurálxico de Santiago
A alcaldesa de Compostela defende que se elixiu agosto por ser un mes de "menor tráfico" que setembro para a realización das actuacións con cargo ao recadado coa taxa turística

Diego Mosteiro Riveiro

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, xunto ao concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, visitou este venres as obras de asfaltado da Rúa Doutor Teixeiro. Vía principal da cidade xunto a outro viario en obras, a Fonte de Santo Antonio, e conectadas a través da Praza de Galicia, centro neurálxico de circulación de tráfico na cidade.
Sanmartín explicou a pé de obra que se trata dunhas melloras na pavimentación do conxunto da cidade, tanto no ámbito rural coma urbano. "Unhas actuacións que son absolutamente necesarias", defendeu a rexedora argumentando que "se escolleu xustamente para esta rúa moi central de Santiago de Compostela este momento do mes de agosto, porque entendemos que é mellor que o mes de setembro".

A Rúa Doutor Teixeiro permanecerá pechada por obras até o próximo luns / Jesús Prieto
A elección deste momento, pese ás consecuentes molestias que sempre carrexan as obras e con apoio maioritario dos comercios da zona pese ás mesmas, e a pesar de ser conexión fundamental co centro neurálxico do tráfico da cidade ao estaren nos arredores da Praza de Galicia, débese segundo Raxoi a que "hai menos circulación de vehículos e tamén menos afluencia de persoas", nesta época do ano.
"Unha obra na que onte -por este xoves- se estivo fresando a zona", este venres tocou o asfaltado e "vai quedar rematado, xa vedes que o ritmo foi moi rápido", afirmou Sanmartín para indicar que a próxima semana xa se poderá facer o pintado.
"Para estas obras invístense arredor de 100.000 euros con cargo ao recadado a través do imposto de estadías turísticas"
A Fonte de Santo Antonio tamén en obras
A alcaldesa fixo referencia na súa comparecencia ás obras que simultaneamente se están a realizar na Fonte de Santo Antonio, separada de Doutor Teixeiro pola Praza de Galicia. "O que se está facendo é intervir sobre aquelas zonas que teñen máis problemas, e a partir de agora continuaremos en distintos lugares".

Estes días tamén se están a mellorar o pavimento doutra rúa central, Fonte de Santo Antonio / Diego Mosteiro Riveiro
Novos espazos da zona centro coma a Rúa das Rodas para as que se destinan "arredor de 400.000 euros" e que se estenderán á zona rural con apoio do POS da Deputación da Coruña e mais co recadado a través do imposto de estadías turísticas (que achega arredor de 100.000 euros).
Goretti Sanmartín aproveitou para facer un relatorio do conxunto de actuacións de repavimentación e asfaltado que o goberno local está a levar a cabo nas últimas datas, ademais de Doutor Teixeiro e da Fonte de Santo Antonio. Así, estiveron a realizarse actuacións en Bar de Abaixo, Bar de Arriba, na Rúa dos Asidros, a rematada nas últimas xornadas na vía de San Martiño de Aríns con senda peonil e "estamos estes días rematando a actuación prevista na Rúa das Rodas", puntualizou Sanmartín.
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Las fiestas de a Nosa Señora da Mercé de Conxo vuelven con música, pulpo y un emotivo homenaje a Kiko Fernández
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- Luis Zahera y Tamar Novas protagonizan la próxima apuesta de Netflix y no es 'Clanes': una película con Santiago muy presente
- Christian Gálvez vuelve a Galicia: «Elegí Jacob para el ‘prota’ del libro que abre la saga como homenaje a Santiago»