Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Centros escolares

O BNG denuncia que a Xunta «abandona» os colexios de Santiago

Instan a Educación a aclarar se coñece as deficiencias estruturais dos CEIP da cidade

Ocolexio Quiroga Palacios está pendente dunha obra de ampliación

Ocolexio Quiroga Palacios está pendente dunha obra de ampliación / Jesús Prieto

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

As deputadas do BNG Saleta Chao e Cristina Fernández denunciaron este xoves «a falta de compromiso» da Xunta «cos centros educativos de Santiago», polo que presentaron unha pregunta parlamentaria para, entre outras cousas, instar a Consellería de Educación e informar sobre se coñece «as eivas estruturais» dos CEIP da capital de Galicia e mais a «sobrecarga» que a desatención da Xunta supón para o Concello.

As deputadas aseguran que «os investimentos só chegan cando a situación das infraestruturas é alarmante», polo que reclaman que Educación especifique «que investimentos destinou neste aspecto na última década».

«Hai anos que a Xunta comprometeu esa actuación neste centro de case 50 anos de traxectoria, sen que nunca chegase a executarse»

BNG

Impulsar obras

O BNG fai referencia específica na súa pregunta parlamentaria a algún centro, como é o caso do CEIP de Vite e unha «moi necesaria reforma integral», porque «hai anos que a Xunta comprometeu esa actuación neste centro de case 50 anos de traxectoria, sen que nunca chegase a executarse». Unha situación semellante, denuncian, á dalgunhas das instalacións dos colexios Quiroga Palacios, Monte dos Postes, Arquitecto Casas Novoa, Lamas de Abade e Roxos-Villestro, «que non cumpren os estándares».

O BNG cita incidencias desatendidas pola Xunta como as filtracións no CEIP de Prácticas López Ferreiro tras as obras do verán de 2025; o estado da cuberta da ala norte do Apóstolo Santiago; o estado da cuberta do almacén, aseos e biblioteca en Fontiñas ou o firme do parque infantil do Ramón Cabanillas, entre outros.

Tracking Pixel Contents