Obras
Verea insta ao «desbloqueo» do novo aulario no CEIP Quiroga Palacios
Candidato do PP á alcaldía de Santiago: "Se o BNG non desbloquea a situación farémolo nós en maio"

O líder do PP de Santiago, Borja Verea, xunto co seu equipo da Corporación local / cedida
O líder do PP de Santiago, Borja Verea, denunciou este xoves que «15 días despois de coñecérense as condicións do goberno local á Xunta» para a ampliación do CEIP Quiroga Palacios Raxoi segue «sen retirar a chantaxe». Unha «chantaxe» á que facía referencia o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, polo condicionante, desmentido dende o Concello, de urbanizar a parcela anexa ao centro a cambio de construír o aulario de infantil.
Verea insistiu en que a Xunta necesita unha parcela de 1.600 metros cadrados para o novo aulario e negou o «malentendido» ao que se refería esta semana a alcaldesa Goretti Sanmartín. «Non hai ningún malentendido. Hai unha condición imposta que pode retirarse inmediatamente». Para o popular «cada día que pasa é un día perdido» para as familias e para a comunidade educativa, polo que reclamou a Sanmartín que «deixe de buscar escusas e solucione un problema que está exclusivamente nas súas mans desbloquear».
Verea foi máis alá, e comprometeuse a resolver a situación se o BNG non desbloquea o proxecto. «Se o BNG non é capaz de facelo agora, farémolo nós en maio», en referencia ás eleccións municipais do próximo ano.
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Las fiestas de a Nosa Señora da Mercé de Conxo vuelven con música, pulpo y un emotivo homenaje a Kiko Fernández
- Christian Gálvez vuelve a Galicia: «Elegí Jacob para el ‘prota’ del libro que abre la saga como homenaje a Santiago»
- El pub de Santiago donde la gente se reúne para hablar de la muerte: 'Aquí nadie te juzga ni te mira raro
- El negocio de Santiago con 136 años que se adelantó a la venta online: 'El Internet de antes eran los buses
- De rodarse muy cerca de Santiago al ‘prime time’ de Antena 3: así es la serie que revive hoy en TV la Galicia del siglo XX