Centros escolares
O Concello de Santiago abre a porta ao desbloqueo da ampliación do Quiroga Palacios
Sanmartín afirma que se puxo en contacto con Educación e que os servizos técnicos estudarán as propostas e posiciónase do lado da comunidade educativa

CEIP Quiroga Palacios na área de Conxo-Santa Marta

A alcaldesa de Santiago pronunciouse este venres arredor da polémica de ampliación do CEIP Quiroga Palacios, na área de Conxo-Santa Marta. A primeiros da semana a Xunta presentou un proxecto básico denunciando «chantaxe» por parte do Concello de Santiago en relación a un condicionante, «desmentido por Raxoi» de ter que urbanizar unha parcela de 14.000 metros cadrados para poder construír o aulario de infantil nunha área de 1.600 metros.
Este xoves o líder da oposición, Borja Verea, tomaba tamén posicionamento asegurando que estaba na man do goberno local «desbloquear a obra» e que de non ser así o resolvería el mesmo «a partir de maio» do ano que vén, é dicir, unha vez que gañe as eleccións municipais, pero tamén lamentaba a demora da resolución da cuestión fronte ás demandas da comunidade educativa.
«Púxenmme en contacto co conselleiro de Educación para intentar conseguir solucionar este problema», afirmaba este venres a alcadesa de Santiago, Goretti Sanmartín, para remarcar que foi Raxoi e non San Caetano quen se puxo en contacto «para ver que se podería facer» e ademais aproveitou para insistir en que «parece estraña a maneira de resolver a situación que ten a Xunta, é normal falar os temas e nós quixémolo en todo momento, tendo en conta o que di a comunidade educativa».
Unha comunidade que leva arredor de dous anos pedindo melloras que esixe a lei, coma un comedor e un ximnasio (na actualidade ocúpase para comedor, precisamente o ximnasio). Goretti Sanmartín insitiu en que dende o Concello de Santiago se agardaba unha actuación máis avariciosa por parte da Xunta, aproveitando a parcela anexa ao centro para facer un bo acceso e resituando o aparcadoiro que existe agora.
«A Xunta opina que non», di Sanmartín, que só quere urbanizar o aulario, «entón fixemos a segregación de maneira áxil, en menos de dous meses dende que se presentou o anteproxecto», para poñer a disposición da Xunta a parcela, mais sempre insistindo na mellora dese acceso que dende a Administración autonómica se considera que xa está cuberto.
Con todo, o avance na polémica parece en que radica entre esta última conversa da alcaldesa Goretti Sanmartín e do conselleiro Román Rodríguez. A rexedora afirmou que se quere desbloquear a cuestión dende o Pazo de Raxoi e que entre ambas as administracións se chegou ao acordo de que os equipos técnicos de ambas as entidades sigan a estudar a mellor solución para unha ampliación que satisfaga a comunidade educativa do CEIP Quiroga Palacios.
Goretti Sanmartín, aproveitou a súa comparecencia deste venres para destacar que «en ningún momento pedimos condicións que se dixo por parte da Xunta», en referencia a esa urbanización dunha parcela de 14.000 metros cadrados. «Temos interese en que se leve a cabo o novo aulario nas mellores condicións posibles», asegurou a rexedora de Compostela, que confía en que «hai posibilidade de acordo sen ninguna dúbida».
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Las fiestas de a Nosa Señora da Mercé de Conxo vuelven con música, pulpo y un emotivo homenaje a Kiko Fernández
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- Luis Zahera y Tamar Novas protagonizan la próxima apuesta de Netflix y no es 'Clanes': una película con Santiago muy presente
- Christian Gálvez vuelve a Galicia: «Elegí Jacob para el ‘prota’ del libro que abre la saga como homenaje a Santiago»