Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Rutas aéreas

Rosón acusa a Sanmartín de "lavarse as mans" coa chegada de Fly2Galicia a Santiago

A concelleira non adscrita critica que a actuación de Raxoi coa empresa é «dunha neglixencia política inaceptable»

Mercedes Rosón no Pazo de Raxoi

Mercedes Rosón no Pazo de Raxoi / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

A concelleira non adscrita Mercedes Rosón acusa o goberno de Goretti Sanmartín de "lavarse as mans" coa chegada de Fly2Galicia ao aeroporto de Lavacolla e considera que o "exercicio de cinismo" de Raxoi "supera todos os límites". Desta forma, esixe explicacións inmediatas sobre o papel desempeñado por Turismo de Santiago e Incolsa.

Rosón cuestiona especialmente o "cambio de discurso do Goberno local", despois de que a alcaldesa asegurase agora que non se lle deu nin se lle dará "un euro" á compañía despois de falar de "meses de traballo intenso" para facer posible a chegada de Fly2Galicia.

"Despois de meses de xestións, agora pretenden facernos crer que non sabían quen poñía os avións, quen estaba detrás do capital nin que vínculos tiñan? En serio?", cuestiona Rosón. "Ou non traballaron absolutamente nada e avalaron a cegas unha aventura opaca, ou sabíano todo e calaron ata que a prensa destapou a trama. Ou simplemente mentiron e enganaron á cidadanía. Calquera das tres opcións é dunha neglixencia política inaceptable", afirma.

Preocupación pola capacidade operativa

Entre os elementos que Rosón considera necesario aclarar sitúa o capital social da empresa, a situación económica do seu promotor, a capacidade real para operar o mapa de conexións anunciado e o feito de que a planificación dependa dun único avión. A concelleira advirte de que a operativa anunciada prevé un amplo número de conexións desde Santiago e considera imprescindible coñecer que garantías existen para que poidan manterse no tempo.

"Estamos falando de familias e pasaxeiros que xa están a mercar billetes. Que garantías reais teñen? Quen vai responder cando ese único avión teña unha avaría ou cando a compañía non poida soster a operativa e deixe á xente tirada en Lavacolla?", pregunta. Para Rosón, o Concello "non pode actuar como escaparate nin avalista dunha aventura empresarial con pés de barro e sen solvencia técnica nin financeira". Por iso, reclama que se fagan públicos os informes, actas de reunión, contactos, convenios e calquera outra documentación que permita coñecer que análise realizou o Goberno local antes de apoiar publicamente o proxecto.

Vínculos con Israel

Rosón considera igualmente necesario que o Goberno de Sanmartín dea explicacións sobre os vínculos da operativa con compañías, capital e redes relacionadas con Israel, especialmente despois de que o propio BNG anunciase agora que levará o asunto ao Congreso dos Deputados.

"É o colmo do despropósito que o BNG corra agora ao Congreso a pedir investigacións en Madrid para desviar a atención e tapar a súa propia incompetencia en Santiago", critica.

Tracking Pixel Contents