Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Municipal

Verea insiste en manter a gratuidade do transporte urbano de Santiago para os xubilados

Un recurso leva a paralizar temporalmente a adxudicación do novo contrato de autobuses

Un autobús urbano nas rúas de Santiago

Un autobús urbano nas rúas de Santiago / ECG

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

O líder do PP en Santiago, Borja Verea, advertiu ao goberno municipal de que «non imos permitir que oito concelleiros de 25 decidan que os xubilados de Santiago perdan a gratuidade do transporte público». Verea insistiu na súa proposta de mantemento da gratuidade para este sector da poboación tras coñecerse que a presentación dun recurso levou a paralizar temporalmente a contratación do servizo de autobús urbano.

Verea considera que o recurso debe servir para que o goberno do BNG aclare inmediatamente cal é a súa intención respecto da gratuidade dos maiores, unha medida da que os xubilados composteláns xa se benefician actualmente. «O que está enriba da mesa non é crear unha nova gratuidade. É garantir que os xubilados non perdan un dereito que xa teñen. E unha decisión desta importancia non poden tomala oito concelleiros de 25 ás costas da maioría da Corporación e dos composteláns», sinala Verea.

Bonos de 100 viaxes gratis

Respecto da gratuidade para os xubilados, Raxoi xa se pronunciou hai varios días, cando Verea formulou a súa proposta. Desde o o goberno local matizaron que se manterá un bono para pensionistas con 100 viaxes gratuítas ao ano, e a partir de aí o prezo do billete será para eles de 0,50 euros. Ademais, destacan que en 2025 realizáronse 1,7 millóns de viaxes co bono pensionista e que en Santiago viven 24.500 persoas maiores de 65 anos. Polo tanto, a media de uso non supera as 100 viaxes ao ano.

Recurso ao Tacgal

O recurso ao que se refire Verea foi presentado ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia (Tacgal) por unha das concorrentes non elixidas para facerse co contrato, que foi adxudicado a unha unión temporal de empresas (UTE) de Monbus. Fontes municipais sinalaron a Europa Press que é «algo habitual» en contratos desta envergadura e que Raxoi xa presentou toda a documentación correspondente. «Confiamos na solvencia e rigorosidade do persoal técnico municipal en todo o proceso», indican.

Tracking Pixel Contents