Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Seguridade viaria

Verea comprométese a retirar os radares de Conxo se goberna

O líder do PP reitera o seu propósito despois de coñecerse que as multas medraron o dobre en 2025 e defende aplicar outras medidas

Borja Verea

Borja Verea / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, afirmou que «en xuño de 2027 non haberá radares en Conxo», posto que retirará estes elementos se chega á Alcaldía, despois de publicar este diario que as multas destes dispositivos se incrementaron un 98%, pasando de pouco máis de 10.000 a case 20.000.

«Levamos meses advertindo do cambio de modelo deste goberno municipal, cada vez máis baseado na sanción e na recadación. Os datos que imos coñecendo confirman que non estabamos equivocados», sinalou Verea.

O líder do PP, que xa propuxo a retirada no pleno de maio co voto en contra do resto de grupos, defendeu aplicar «medidas preventivas e disuasorias máis eficaces» en lugar de «limitarse a poñer radares e sancionar».

Tracking Pixel Contents