As Non Adscritas reclaman información sobre a parálise no contrato de transporte urbano de Santiago
Os edís expulsados do Partido Socialista tamén cuestionan o investimento do recadado co imposto de estadías turísticas para "o asfaltado" de rúas coma Doutor Teixeiro ou Fonde de Santo Antonio

O concelleiro Non Adscrito Gonzalo Muíños na sala de prensa do Pazo de Raxoi / cedida
O recurso interposto ao contrato de transporte urbano por parte dunha das empresas concorrentes, fóra da UTE de compañías de Monbus que se fixo co contrato continúa a provocar reaccións na oposición. Desta volta son as edís Non Adscritas, o concelleiro Gonzalo Muíños esíxelle ao goberno local que explique "con total transparencia" en que punto se atopa o procedemento de adxudicación do novo servizo de transporte, despois deste recurso ante ao Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia (Tacgal).
As Non Adscritas piden tamén información sobre o "impacto real que esta situación pode ter sobre os prazos anunciados polo executivo local". Muíños considera que o goberno "volve caer no mesmo erro de sempre", que considera que é actuar "con triunfalismo e precipitación cando hai que facer a foto" e responder "con silencio e ocultismo cando xorden os atrancos de xestión".
Así, dende as Non Adscritas lémbrase que o goberno local compareceu publicamente para anunciar a adxudicación inmediata do servizo, presentou a nova marca de mobilidade 'Stela' e trasladou uns prazos "totalmente seguros e pechados". "Desde o noso grupo sempre nos alegramos de cada avance que se poida dar nun servizo fundamental como é o transporte urbano, pero tamén advertimos desde o primeiro momento de que había que actuar con prudencia".
Contrato fundamental e novo recurso
O concelleiro Gonzalo Muíños considera preocupante que, "despois da presentación pública do novo modelo de mobilidade e dos anuncios realizados polo goberno local, a aparición dun recurso ante o Tacgal non fose acompañada de información suficiente á cidadanía".
"Volvemos ver o mesmo guión que sufrimos co caso de Fly2Galicia: anuncios precipitados e triunfalistas sen ter os procesos totalmente amarrados e seguros. Cando se trata de anunciar asfaltados ou presentar logotipos saen todos a bombo e platillo; pero cando o procedemento sofre un revés e o contrato máis importante da cidade enfronta un recurso no Tacgal, o goberno cala e agóchase", criticou.
Muíños reclama que o executivo local informe ao resto de "maneira clara" pero, con todo, confía en que este procedemento poida avanzar e desbloquearse canto antes e con todas as garantías. "Desexamos que este recurso se resolva canto antes e co menor impacto posible", sinalou.
"Compostela precisa que a actividade turística achegue recursos para compensar os sobrecustos que xera na cidade"
Muíños cuestiona o uso da taxa turística para financiar asfaltados
Por outra banda, Gonzalo Muíños criticou o anuncio realizado polo goberno local sobre o financiamento con cargo á taxa turística do asfaltado de tres rúas. O concelleiro lembra que as concelleiras Non Adscritas apoiaron "desde o primeiro minuto" a posta en marcha deste tributo porque "Compostela precisa que a actividade turística achegue recursos para compensar os sobrecustos que xera na cidade".
"Pero o que non imos avalar é o uso propagandístico e ridículo que o goberno de Goretti Sanmartín pretende facer agora desta taxa", afirmou Gonzalo Muíños sobre a recente reivindicación do executivo local sobre o investimento da taxa nas obras de pavimentación no centro da cidade.
"O que está facendo o executivo local é unha trampa contable: coller o diñeiro que entra como ingreso corrente na caixa común do Concello e poñerlle unha etiqueta artificial de 'taxa turística' a unhas obras menores de mantemento", denunciou. "A taxa turística naceu para desenvolver proxectos estratéxicos, reforzar a limpeza e mantemento e compensar a calidade de vida dos barrios que sofren a presión turística".
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- Luis Zahera y Tamar Novas protagonizan la próxima apuesta de Netflix y no es 'Clanes': una película con Santiago muy presente
- De perseguir autógrafos en Lavacolla a levantar la Copa del Mundo: Borja Iglesias vuelve a casa para ser homenajeado
- «Comer los callos o la cabra era una tradición y también un privilegio»