Servizos sociais
O PSOE de Santiago denuncia falta de persoal para a atención nocturna a persoas sen fogar
A concelleira socialista Marta Abal xa denunciaba este venres que "as esperas para unha primeira cita de atención sitúanse entre os dous e os tres meses, cando non debería superar a semana

A concelleira socialista Marta Abal / cedida
O grupo municipal socialista continúa a denunciar a «precariedade» na que se atopan os Servizos sociais do Concello. Este venres advertían que «están ao límite pola mala xestión» do goberno local. Se nese momento alertaban sobre que «as esperas para unha primeira atención se sitúan entre os dous e os tres meses», este sábado poñían o foco na atención ás persoas sen fogar da cidade.
Segundo a edil Marta Abal «a precariedade do Programa municipal de Inclusión das Persoas sen Fogar» chegou ao punto de que «as profesionais que realizaban as rutas nocturnas dos martes, entre as nove da noite e as doce, tiveron que deixar de facelas ante a falta de resposta do goberno para recoñecer as condicións nas que se desenvolve este traballo».
O PSOE defende que «non se pode pedir ás traballadoras que atendan emerxencias, realicen operativos na rúa ou traslados» sen garantir unhas condicións laborais axeitadas.
«O goberno do BNG coñece perfectamente esta situación», aseguran dende a bancada socialista en Raxoi. Consultado por este diario, o goberno de Raxoi asegura que «o Concello está en proceso de resolución das cuestións relacionadas coa cobertura de persoal», polo que os temas que denuncian dende o PSdeG «están encamiñados».
Abal critica que esta «non é a primeira vez que vemos as consecuencias da deficiente xestión de persoal», e lembrou no seu comunicado o peche do túnel do Hórreo ou do Parque de Bombeiros. «O patrón repítese: os problemas de xestión de persoal do goberno de Sanmartín acaban afectando os servizos públicos que recibe a cidadanía».
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Las fiestas de a Nosa Señora da Mercé de Conxo vuelven con música, pulpo y un emotivo homenaje a Kiko Fernández
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- Luis Zahera y Tamar Novas protagonizan la próxima apuesta de Netflix y no es 'Clanes': una película con Santiago muy presente
- Christian Gálvez vuelve a Galicia: «Elegí Jacob para el ‘prota’ del libro que abre la saga como homenaje a Santiago»