Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Axenda cultural: Que facer hoxe, 24 de agosto, en Santiago?

Alba Fernández, da compañía Laboratorio Escénico

Alba Fernández, da compañía Laboratorio Escénico / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Aquí recopilamos algúns dos mellores plans para este luns 24 de agosto en Santiago.

As mulleres do blues toman o protagonismo na Casa das Máquinas

DANZA E MÚSICA. O festival C chega cun novo espectáculo á Casa das Máquinas. Laboratorio Escénico presenta Blues de medianoite, unha proposta que combina teatro, música en directo e unha sesión DJ para render homenaxe ás mulleres do blues e á súa contribución á historia deste xénero musical. A primeira parte do espectáculo, a cargo de Alba Fernández, combina danza contemporánea e urbana, transitando entre o formato de escena teatral e o concerto en vivo. A peza entra, a ritmo de blues, no misterio e a sensualidade da noite, achegándonos ás raíces negras no movemento, na música e nos instintos. Tamén se adentra nas imaxes que ofrece o blues e pon en valor a contribución das grandes damas do xénero. A continuación, enmarcada na proposta de Alba Fernández, Jas Processor ofrece unha sesión de DJ centrada nas mulleres artistas e cantantes que deron e dan vida ao blues.Será a partir das 20.00 horas con entrada libre ata completar a capacidade.

Visita guiada na xornada inaugural da mostra

Visita guiada na xornada inaugural da mostra / Cedida

‘Cousas do tempo’, un percorrido singular a través dos documentos

EXPOSICIÓN. O Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura, alberga a exposición Cousas do tempo. Documentos dun almanaque imaxinado, unha proposta que convida a mirar o arquivo desde unha perspectiva tan cotiá como sorprendente: o paso do tempo e a vida que se organiza ao seu redor. A mostra recrea a estrutura dos antigos almanaques, publicacións que non só ofrecían prognósticos meteorolóxicos para o ano, senón tamén información variada de interese xeral para a poboación. A partir desta idea, proponse un percorrido singular no que o clima, o calendario e a vida social se entrelazan a través dos documentos. Pode visitarse de balde no horario de apertura do Arquivo.

Os participantes no obradoiro do luns 17, na Casa das Máquinas, practicando malabares

Os participantes no obradoiro do luns 17, na Casa das Máquinas, practicando malabares / Jesús Prieto

Misha Bies Golas: últimos 15 días no CGAC

O parque de Galeras acolle ás 11.30h unha nova sesión dos obradoiros de Circonove para rapazada de entre 6 e 14 anos. Poderán mergullarse en técnicas circenses como acrobacias, malabares, equilibrios, danza, clown, teatro, ritmo e creación de xoguetes, sempre adaptadas ao nivel de cada participante. A actividade é de balde con inscrición previa.

Última semana da mostra ‘Gaia Salvaxe’

EXPOSICIÓN. A biblioteca Ánxel Casal acolle ata o 31 de agosto a mostra Gaia Salvaxe, unha colección de acuarelas de Rocío Reboredo que convida o público a mirar un pouco máis de preto e descubrir os fíos invisibles que unen a fauna e a flora galegas. Tamén encara a súa última semana a mostra bibliográfica A miña BD favorita, xurdida dun padlet colaborativo realizado polo Día do cómic. Poden visitarse de balde no horario de apertura da biblioteca.

Tracking Pixel Contents