Circulación
Novo corte de tráfico en Santiago: afecta á conexión entre dúas céntricas rúas
Este luns xa se poderá circular con normalidade pola rúa Doutor Teixeiro

Avenida Mestre Mateo, en Santiago / Santiago Esturao
O Concello de Santiago informou dun novo corte de tráfico para este martes 25 de agosto. A circulación quedará interrompida no carril de saída do paso inferior da rotonda de Rosalía de Castro que une a avenida de Romero Donallo coa avenida do Mestre Mateo desde as 7.30 ata as 9.00 horas, por mor da realización de traballos por parte de Ferrovial.
Obras en Doutor Teixeiro
Ademais, na xornada deste luns xa se poderá circular con normalidade pola rúa Doutor Teixeiro despois de permanecer cortada o xoves e o venres con motivo das obras de asflatado. Aínda que inicialmente estaba previsto manter a rúa cortada este luns para o remate dos traballos, finalmente non foi necesario adoptar esta medida. A actuación acabará ao longo desta semana co pintado do vial para repor a sinaléctica.
Esta intervención sobre a rúa Doutor Teixeiro, xunto coa que se levará a cabo, en próximas datas, na rúa Sempre en Galicia, están financiadas a través do recadado co imposto ás estadías turísticas. Os traballos nestas rúas supoñen un investimento próximo aos 100.000 euros.
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- Luis Zahera y Tamar Novas protagonizan la próxima apuesta de Netflix y no es 'Clanes': una película con Santiago muy presente
- De perseguir autógrafos en Lavacolla a levantar la Copa del Mundo: Borja Iglesias vuelve a casa para ser homenajeado
- «Comer los callos o la cabra era una tradición y también un privilegio»