Nova construción
Raxoi dá luz verde á construción dun campamento de autocaravanas con 40 prazas no Polígono do Tambre
O proxecto, localizado no lugar de Rebordaos, contará con seis edificacións prefabricadas e contempla tamén a creación dun merendeiro e dunha piscina ademais dunha zona de biblioteca-ludoteca

O Concello concedeu licenza para establecer un campamento de autocaravanas en Rebordaos / ECG

O concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, deu conta este luns dos asuntos tratados na xunta de goberno local, na que unha das cuestións máis destacadas é a outorgación de licenza de obra para a construción dun campamento de turismo para caravanas e autocaravanas no lugar de Rebordaos, na área do Polígono do Tambre. Súmase así esta finca a outras catro zonas de acampamento con espazo para caravanas e autocaravanas, xunto ás áreas de As Cancelas, Os Olmos, San Marcos e o Camper Park de Mallou.
rátase dun proxecto provisional (en solo rústico, susceptible de pasar a ser solo industrial) que conta cun orzamento de execución de 30.000 euros que vai contar cunha superficie construída de 129,6 metros cadrados cunha planta en altura de 2,6 metros.
O novo campamento, de explotación privada, vai contar cun edificio de servizos, zona de descarga, merendeiro e piscina, ademais dunha biblioteca-ludoteca. En total, a superficie edificada contará con seis casetas prefabricadas dunha planta.
A zona central de acampada conta cunha superficie de 1.600 metros cadrados e dará lugar a 40 prazas de acampamento. Tamén vai destinarse unha superficie de 280 metros cadrados ao estacionamento de vehículos.
Melloras na accesibilidade de edificios
Raxoi vén tamén de adxudicar a redacción de proxectos para a mellora da accesibilidade en edificios de "barrios desfavorecidos" en rúas coma Ulpiano Villanueva, Domingo de Andrade, Avenida de Castelao, praza de Ultreia e Avenida de Salamanca, entre outras.
A adxudicación consiste nunha mellora na accesibilidade dos edificios correspondentes ás comunidades de propietarios beneficiarias da primeira fase das subvencións en especies para estas reparacións.
O lote 1 afecta as vivendas de Ulpiano Villanueva 3 e Domingo de Andrade 9 por valor de 8.777 euros. Os lotes 2, 3 e 4 refírense á Avenida Castelao e á rúa Alexandre Bóveda, ademais de varios edificios na contorna da Praza de Ultreia e da Avenida de Salamanca. Unha obras por un valor de 6.808 euros no caso dos lotes 2 e 4 e de 23.038 euros para o lote 3.
Renovación da rede de abastecemento
A xunta de goberno local celebrada este luz tamén deu luz verde a proxectos vinculados coa rede de abastecemento e saneamento das parroquias. É así o caso da rede da Rúa Nova da Igrexa, en Laraño. Con cargo ao POS 2025 da Deputación da Coruña concédenselle esas tarefas a Alcomte Galicia por v alor de 63.910 euros.
Tamén na Rúa da Mira, en Amio, se vai renovar a rede de abastecemento. Neste caso o adxudicatorio é Nemesio Ordóñéz, cuxa oferta económica ascende a 120.827 euros.
Noutra orde de cousas, a xunta de goberno tamén aprobou o convenio de colaboración coa Fundación Secretariado Gitano para desenvolver o Programa de Inclusión Promociona. Un proxecto para o que o Concello de Santiago fai unha achega, a través de subvención, de 27.000 euros.
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Las fiestas de a Nosa Señora da Mercé de Conxo vuelven con música, pulpo y un emotivo homenaje a Kiko Fernández
- Christian Gálvez vuelve a Galicia: «Elegí Jacob para el ‘prota’ del libro que abre la saga como homenaje a Santiago»
- El pub de Santiago donde la gente se reúne para hablar de la muerte: 'Aquí nadie te juzga ni te mira raro
- El negocio de Santiago con 136 años que se adelantó a la venta online: 'El Internet de antes eran los buses
- De rodarse muy cerca de Santiago al ‘prime time’ de Antena 3: así es la serie que revive hoy en TV la Galicia del siglo XX