Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Conectividade aérea

As concelleiras Non Adscritas acusan o goberno de Raxoi de "neglixencia" en relación coas conversas coa aeroliña Fly2Galicia

Solicitan, a raíz das palabras do ministro Bustinduy, que se investigue "se existen vínculos incompatibles co marco legal"

A concelleira Non Adscrita Mercedes Rosón na sala de prensa do Pazo de Raxoi

A concelleira Non Adscrita Mercedes Rosón na sala de prensa do Pazo de Raxoi / cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ana Triñáns

Ana Triñáns

Santiago

A concelleira Non Adscrita Mercedes Rosón comunicaba este martes a conformidade da súa formación coas palabras do ministro de Consumo, Pablo Bustinduy, en relación a "manter a cautela xurídica" no caso da aeroliña Fly2Galicia e os seus vencellos con Israel. As Non Adscritas piden que se determine "o alcance exacto da lei" e ver se a normativa se pode aplicar a esta operativa".

Con todo, a edil Rosón afirma que "a nosa posición é nítida e sen matices" a favor de investigar até o final "se existen vínculos incompatibles co marco legal e ético" e piden que se actúe "con contundencia" sen deixar de afearlle ao goberno de Goretti Sanmartín "que se escude nestas dúbidas xurídicas para tapar a súa propia neglixencia".

A concelleira recalca que o equipo de goberno "presumiu durante semana de meses de traballo intenso dende o Concello, pero a realidade demostra que avalaron a iniciativa sen facer as comprobacións mínimas".

"Non sabían que a subministración dos avións procedía de operadoras con nexos con fondos e redes militares de Israel, nin se molestaron en revisar o historial dun promotor que xa deixara 60.000 euros de débeda nunha operación semellante en Aragón", denuncia Mercedes Rosón.

Dende o grupo das Non Adscritas apúntase que "mentres se dirime a aplicación da lei en Madrid, o resultado inmediato en Santiago é a incerteza absoluta para as familias e veciños que xa mercaron os seus billetes confiando no aval institucional de Raxoi".

Por todo isto esíxenlle ao goberno local que "deixe de actuar como espectador" e que poña os servizos municipais a disposición dos usuarios para protexer os seus dereitos.

Nin recursos económicos nin competencia para fiscalizar

Sobre este asunto, o goberno local consultado por EL CORREO GALLEGO reiterou que "xa explicamos que non existe ningún tipo de colaboración económica nin compromiso nese sentido con Fly2Galicia", aclarando que tampouco hai un expediente relacionado coa posible cita para que a compañía presente o proxecto "nin recursos económicos municipais comprometidos".

Dende o Pazo de Raxoi aclárase que "o Concello pode colaborar con compañías desenvolvendo campañas de comunicación a través de procesos de contratación regulados de acordo coa normativa do sector público" pero recalca que "non é o caso de Fly2Galicia, que como proxecto novidoso e polas súas características foi tratado con prudencia".

Así mesmo, o goberno de Goretti Sanmartín insiste en que "non corresponde ao Concello fiscalizar compañías aéreas, xa que para iso hai organismos estatais e europeos".

Tracking Pixel Contents