Datos de xullo
Raxoi dá por recuperada a "senda do crecemento" nas estadías turísticas
O Concello destaca que as cifras indican que a demanda está nun periodo de estabilización

Turistas no casco histórico de Santiago / Antonio Hernández
O Concello de Santiago valora que a cidade consolida a súa demanda turística tras coñecerse o pasado venres os datos recollidos polo Instituto Nacional de Estadística (INE) no mes de xullo. Os hoteis sumaron 156.234 estadías en xullo, un crecemento do 0,62% respecto do mesmo mes do ano pasado. Desde Raxoi estiman que este incremento supón a recuperación da «senda do crecemento» tras varios meses á baixa.
O Concello lembra que a demanda turística da cidade viviu un período complexo debido ao peche da base de Ryanair no Rosalía de Castro a finais de outubro do 2025. Porén, tras a reapertura logo do peche polas obras, apuntan que «grazas ao incremento da conectividade internacional, con novas rutas e compañías, os datos do INE dispoñibles até o momento indican que a demanda, en xeral, está nun periodo de estabilización».
Xogos do Eixo Atlántico
O goberno local destaca o impacto da celebración dos Xogos do Eixo Atlántico entre o 5 e o 10 de xullo, nos que participaron máis de 2.000 deportistas galegos e portugueses. «Este evento atraeu tamén a un número moi relevantes de familiares, que sumaron miles de estadías na cidade neses días», sinala. O financiamento dos xogos a través da taxa turística demostra que «o reinvestimento do recadado contribúe a xerar un modelo turístico máis rendible e sustentable para o conxunto da cidade».
Ademais, estiman que os datos confirman a Compostela como principal destino turístico galego. Fronte ás 156.234 estadías de Santiago, A Coruña tivo 122.337, e Vigo 98.618.
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Las fiestas de a Nosa Señora da Mercé de Conxo vuelven con música, pulpo y un emotivo homenaje a Kiko Fernández
- Christian Gálvez vuelve a Galicia: «Elegí Jacob para el ‘prota’ del libro que abre la saga como homenaje a Santiago»
- El pub de Santiago donde la gente se reúne para hablar de la muerte: 'Aquí nadie te juzga ni te mira raro
- El negocio de Santiago con 136 años que se adelantó a la venta online: 'El Internet de antes eran los buses
- De rodarse muy cerca de Santiago al ‘prime time’ de Antena 3: así es la serie que revive hoy en TV la Galicia del siglo XX