Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Reparación de illas de lixo

A Rúa Xeneral Pardiñas quedará cortada ao tráfico este sábado

O tramo entre República do Salvador e Montero Ríos pechará entre as 8h e as 20h

Rúa Xeneral Pardiñas, no Ensanche de Santiago

Rúa Xeneral Pardiñas, no Ensanche de Santiago / Jesús Prieto

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

Raxoi informa dun corte de tráfico na Rúa Xeneral Pardiñas previsto para este sábado, 29 de agosto. A circulación verase interrompida no tramo comprendido entre as rúas República do Salvador e Montero Ríos, entre as 8.00 e as 20.00 horas. O motivo é a reparación das illas de lixo soterradas existentes neste punto. Permitirase o acceso aos garaxes, realizando a entrada e saída dende os extremos deste tramo de rúa.

Transporte urbano

Por mor deste corte, as liñas 5, 13, 15, C11 e P6 realizarán desvíos e quedan suprimidas totalmente as dúas paradas de Xeneral Pardiñas, situadas fronte aos números 7 e 35.

As liñas 5 (traxecto Rocha – Vite), 15 (traxecto avda. Barcelona - Campus Norte) e P6 (traxecto rúa da Rosa - Polígono do Tambre) desviaranse desde República Arxentina por Ponte Castro e rúa do Hórreo e cambiarán de sentido na Praza de Galicia. A 13 rematará o percorrido neste punto, desde onde iniciará de novo cara a Belvís. A C11 desviarase desde Santiago de Guayaquil polo Hórreo e cambiará de sentido na Praza de Galicia.

Tracking Pixel Contents