Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Música

Conta atrás para o WOS Festival x SON Estrella Galicia 2026: as entradas xa están á venda

Están dispoñibles para as xornadas do 11, 12 e 13 de setembro, xunto coas entradas de noite para o venres e o sábado e o Abono Weekend

JASSS forma parte do cartel do WOS Festival x SON Estrella Galicia 2026.

JASSS forma parte do cartel do WOS Festival x SON Estrella Galicia 2026. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

R. S.

Santiago

As entradas de día para WOS Festival x SON Estrella Galicia 2026, que conta coa colaboración do Concello, xa están á venda. Tras anunciar o seu cartel completo, o festival permite agora escoller entre as xornadas do venres 11, sábado 12 e domingo 13 de setembro, ademais de acceder de forma independente á programación nocturna do venres e do sábado.

A Entrada venres (11 Set) e a Entrada sábado (12 Set) dan acceso a todos os espazos do festival durante a xornada correspondente, mentres que a Entrada domingo (13 Set) permite acceder a todos os espazos durante o domingo. Para a programación nocturna, a Entrada venres noite (11 Set) - Capitol dá acceso á programación nocturna do venres en Capitol, e a Entrada sábado noite (12 Set) - Fundación Laboral de la Construcción (FLC) permite acceder á programación nocturna do sábado na FLC. Para quen queira vivir a edición completa, o Abono Weekend (11-13 Set) continúa dispoñible con acceso a todos os espazos do festival de venres a domingo.

Distintos escenarios

Cada xornada propón ademais unha forma diferente de percorrer Santiago de Compostela. A programación distribúese entre o Teatro Principal, a Igrexa da Universidade, a Fundación Eugenio Granell, a Fundación Laboral da Construción, Capitol, o Parque de Bonaval, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), a Sede Afundación e NUMAX, conectando espazos e contextos moi diferentes dentro dunha mesma edición.

«Da escoita íntima ao club, dun teatro a unha igrexa ou dun museo a unha nave industrial, cada entrada permite construír un percorrido propio por unha programación na que música, creación audiovisual, arquitectura e cidade forman parte dunha mesma experiencia», destaxan dende Raxoi.

Cartel

A edición de 2026 reúne 26 proxectos, entre eles Ana Roxanne, Blood of Aza, Demdike Stare, Tujiko Noriko, Ben Vince, Midori Hirano, SKY H1, Space Afrika, Visible Cloaks, JASSS, Lee Gamble, Yu Su, Shackleton, Paul Jebanasam, Slikback feat. maltdisney & Tasya e HHY & The Kampala Unit, xunto cunha programación que atravesa a electrónica, a experimentación, o club, a improvisación e a creación audiovisual contemporánea. Á programación musical xa anunciada sumaranse proximamente cinema, instalacións e outras propostas da programación expandida.

Tracking Pixel Contents