A USC renova o certificado do Esquema Nacional de Seguridade: é a única universidade galega que o ten
Cunha vixencia de dous anos (2026-2028), abrangue os sistemas que dan soporte a servizos como a xestión académica, a sede electrónica, a docencia virtual ou a xestión de persoal da institución

A USC acada a renovación do Certificado de conformidade co Esquema Nacional de Seguridade. / USC
L.Rey
A USC é a única universidade galega que conta coa acreditación de conformidade co Esquema Nacional de Seguridade (ENS), un distintivo que vén de renovar por dous anos máis, ata 2028. A institución compostelá reafirma así a súa aposta pola administración dixital e por que parte dos seus servizos poidan ser prestados de xeito eficaz por medios telemáticos.
A renovación desta certificación é froito do traballo conxunto da Secretaría Xeral, a través da unidade de Seguridade da Información que coordinou o proceso, e a Área TIC, xunto co Comité de Seguridade da Información.
A institución compostelá continúa a pertencer ao grupo de universidades españolas que alcanzaron esta acreditación nos últimos anos, ademais doutras nove, Universitat Politécnica de Catalunya, Universitat Politécnica de Valencia, Universitat Jaume I, Universitat de Valencia, Universitat Autònoma de Barcelona, Universidad de Murcia, Universidad de Burgos, Universidad de Granada e Universidad de Alicante.
A devandita acreditación abrangue os sistemas de información que dan soporte aos servizos de Xestión Académica, Xestión de Persoal, Sede Electrónica, Calidade, Deportes e Docencia Virtual da Universidade de Santiago. Ademais, enmárcase dentro dun obxectivo estratéxico que a USC propuxo na programación plurianual desta institución na liña relativa ao impulso dun sistema de xestión da seguridade da información e da protección de datos.
Que é o Esquema Nacional de Seguridade?
O Esquema Nacional de Seguridade (ENS) persegue que os servizos electrónicos se presten adecuadamente, custodiando a información sen interrupcións ou modificacións fóra de control, velando porque a información non chegue a persoas non autorizadas e logrando así a confianza nos sistemas de información das Administracións Públicas.
O ENS está constituído polos principios básicos e requisitos mínimos necesarios para unha protección adecuada da información tratada e os servizos prestados, co obxecto de asegurar o acceso, a confidencialidade, a integridade, a trazabilidade, a autenticidade, a conservación dos datos, a información e os servizos utilizados por medios electrónicos que xestionen as Administracións no exercicio das súas competencias.
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Las fiestas de a Nosa Señora da Mercé de Conxo vuelven con música, pulpo y un emotivo homenaje a Kiko Fernández
- Christian Gálvez vuelve a Galicia: «Elegí Jacob para el ‘prota’ del libro que abre la saga como homenaje a Santiago»
- La Panadería Moure dice adiós a Pontepedriña tras más de 70 años: «Los clientes venían porque les gustaba nuestro pan, pero también por el trato»
- El pub de Santiago donde la gente se reúne para hablar de la muerte: 'Aquí nadie te juzga ni te mira raro
- El negocio de Santiago con 136 años que se adelantó a la venta online: 'El Internet de antes eran los buses