Eleccións de 2027
Verea entra de cheo en campaña cun equipo “consolidado” para acadar “a maioría necesaria” fronte a unha “esquerda dividida”
O líder do PP inicia o curso político enfocado en acadar a Alcaldía de Santiago co obxectivo de “facer máis fácil a vida da xente”

Verea entra de cheo en campaña cun equipo “consolidado” / Cedida

Dende o grupo de goberno comentouse en máis dunha ocasión que o candidato do PP local, Borja Verea, leva en campaña dende o inicio da lexislatura. Este luns, o líder popular fixo oficial o inicio da súa campaña co comezo deste curso político. “Santiago vai empezar a decidir como quere que sexan os próximos catro ou oito anos”.
Borja Verea defendeu que afronta as eleccións de 2027 “con máis ilusión, máis experiencia e máis ganas” e cun mellor coñecemento da cidade e dos seus barrios. Un saber que trasladou ao seu actual equipo na Corporación municipal en resposta á pregunta sobre a composición da candidatura: “O que funciona, para que cambialo?”, respondeu Verea preguntando para recalcar que o seu equipo, coma el, coñece agora mellor Santiago que hai catro anos, polo que “se hai algún axuste será no último momento”.
Unha maioría necesaria fronte a unha esquerda dividida
Borja Verea encara as eleccións do próximo maio “convencido das enormes posibilidades da cidade” e enfocado en que “a política municipal ten que servir para facer máis fácil a vida da xente”, pero tamén para poñer ambición respondendo a: “Onde queremos que estea Santiago dentro de dez anos”.
Fala o voceiro do PP en Raxoi dunha Compostela con “alma internacional e vocación atlántica e europea, sen converter cada problema nunha batalla política innecesaria”. Algo que ao seu ver non acontece coa “división dos partidos de esquerdas”: cun PSOE dividido, cunha Compostela Aberta tamén con problemas e co BNG gobernando en minoría.
Preguntado polo posible beneficio desta división no bloque progresista á hora de que o PP consiga o próximo maio a “maioría necesaria para gobernar”, Verea afirma que a situación “non debe ser cómoda para moitos santiagueses”. Para o líder popular esta “división da esquerda” é a responsable “da desorde na cidade e na xestión”.
“Entender a vida real cunha administración que facilite as cousas”
O Partido Popular de Santiago comezou hai xa semanas a avanzar propostas programáticas para as eleccións municipais. Medidas para as familias, coma unha zona azul de parada rápida preto de colexios, centros de saúde ou farmacias, medidas para os maiores coma a gratuidade do transporte urbano, medidas en materia de vivenda ou de servizos públicos.
A partir de agora, estas “propostas concretas e estudadas” van seguir, xa que estamos “no escenario dunha maioría necesaria para gobernar” e tamén porque “a política municipal ten que servir para facer máis fácil a vida da xente, entender a vida real das persoas”.
Con esta meta no horizonte, Verea asegura que o equipo popular vai seguir estando “preto da rúa”, entendendo “como vive cada barrio”, de cara a conseguir a “maioría absoluta” que Borja Verea sempre defendeu que necesita a formación, e así evitar a xa tradicional coalición dos grupos de esquerda, e de goberno, da cidade.
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Las fiestas de a Nosa Señora da Mercé de Conxo vuelven con música, pulpo y un emotivo homenaje a Kiko Fernández
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- Luis Zahera y Tamar Novas protagonizan la próxima apuesta de Netflix y no es 'Clanes': una película con Santiago muy presente
- Christian Gálvez vuelve a Galicia: «Elegí Jacob para el ‘prota’ del libro que abre la saga como homenaje a Santiago»