Xestión local dos parkings
O PSOE demanda que Raxoi "comprometa unha data" para a municipalización dos aparcadoiros das prazas de Galicia e de Vigo
Os socialistas denuncia que unha das concesións expirou hai máis dun ano, seguindo cunha orde de continuidade, e que a segunda o fará o vindeiro mes de outubro

A concesión do aparcadoiro da Praza de Vigo vence o vindeiro mes de outubro, pendente da municipalización / Jesús Prieto

"Comeza o novo curso político e o goberno do BNG e Compostela Aberta acumula materias pendentes, entre elas, a municipalización dos aparcamentos das prazas de Galicia e de Vigo". Falaba así este martes o voceiro do grupo municipal socialista en Raxoi, Sindo Guinarte.O concelleiro lembra no seu comunicado á prensa que o edil de Mobilidade, Xan Duro, "anunciou que a municipalización sería levada ao pleno de xullo, e iso, finalmente, non aconteceu".
O atraso nesta municipalización é, no caso do aparcadoiro da Praza de Galicia dende xullo do ano pasado, cando venceu a concesión -e mantense dende entón cunha orde de continuidade-. O parking da Praza de Vigo ve a fin desta concesión que durou 50 anos o vindeiro mes de outubro e o Partido Socialista achácalle a Raxoi que "unha vez máis, o goberno local retrasa un proceso que permitiría avanzar cara a unha xestión pública máis vantaxosa" para Santiago.
Consultadas por EL CORREO GALLEGO, fontes do departamento de Mobilidade explican que dende o goberno local "mantemos a vontade de levar a proposta a pleno o antes posible, en canto os técnicos municipais pechen os informes pertinentes". Ademais, recoñecen que "os prazos se dilataron máis do que previamos e nos gustaría".
Sen xuntanzas e sen información
O PSOE xa lle reclamou noutras ocasións ao goberno local a falta de reunións da Comisión de estudo para a municipalización dos aparadoiros, creada o 25 de abril de 2025 e que debera reunirse nos meses de xullo e outubro dese mesmo ano e en xaneiro do presente, sen que isto acontecese.
Durante unha sesión plenaria na que a oposición ao completo lle afeou ao goberno local a falta de información e de avances nesta municipalización, Xan Duro anunciaba que a adxudicataria do estudo para ver o mellor modelo de xestión, Eptisa Servicios de Ingeniería, entragaba o 4 de maio o informe definitivo e a partir de entón, logo de estudar o documento, se convocaria a Comisión de Estudo.
"A día de hoxe", di o socialista Sindo Guinarte no seu comunicado, "descoñecemos cal é o novo horizonte temporal que marca o goberno para culminar este proceso", e recorda as veces que neste ano o PSOE "tivemos que reclamar a reactivación da comisión que decidiu o modelo de xestión e que levaba meses paralizada, como que se nos facilitase a documentación comprometida".
Por todo isto, dende a bancada socialista de Raxoi, os edís Sindo Guinarte e Marta Abal reclámanlle ao executivo de Goretti Sanmartín "que aclare e comprometa unha data definitiva para a decisión do traspaso dos dous aparcamentos". Alertando que o goberno local "xa non chegou a tempo coa municipalización" no caso do parking da Praza de Galicia e de que só queda un mes para que poida acontecer o mesmo co da Praza de Vigo.
"Non podemos seguir aprazando unha decisión que implicará importantes oportunidades para mellorar as infraestructuras, para establecer tarifas máis competitivas, para apoiar o comercio local e, sobre todo, facilitar a mobilidade dos veciños de Santiago", conclúe Guinarte.
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- Luis Zahera y Tamar Novas protagonizan la próxima apuesta de Netflix y no es 'Clanes': una película con Santiago muy presente
- «Comer los callos o la cabra era una tradición y también un privilegio»
- Fallece en Santiago Diana Katherine Ramos, la joven que había protagonizado una misteriosa desaparición diez años atrás en Albacete