Universidade
Preto de 800 expertos debaten na USC sobre os avances na lingüística inglesa
Procedentes de case 40 países, danse cita na facultade de Filoloxía ata o 4 de setembro

Acto inaugural do ESSE 2026 / Cedida
A European Society for the Study of English (ESSE), a asociación de maior relevancia nos estudos ingleses en Europa, conmemora o seu 18º congreso internacional (ESSE 2026) na Facultade de Filoloxía da USC dende onte, 31 de agosto, ata o 4 de setembro. O congreso reúne preto de 800 investigadoras e investigadores procedentes de máis de 33 países europeos, ademais de Xapón, Estados Unidos, Canadá ou a India, que debaterán sobre os avances no campo da lingüística inglesa e da literatura e a cultura dos países anglófonos. O acto inaugural estivo presidido pola vicerreitora de Investigación e Ciencia Aberta, Almudena Hospido, e no seu transcurso tamén participou o decano Elias Feijó Torres, xunto a integrantes do comité organizador do evento.
O programa científico do congreso inclúe 15 conferencias semi-plenarias, 12 pósters, 4 mesas redondas, 69 seminarios e 3 conferencias plenarias, que estarán impartidas por Karen Corrigan (Universidade de Newcastle, Reino Unido), especialista en lingüística de corpus e dixitalización de ciencia aberta, Jopi Nyman (Universidade de Finlandia Oriental, Finlandia), unha das figuras chave nos estudos de fronteira na literatura actual e a autora escocesa A. L. Kennedy, galardoada, entre outros, cos premios literarios Lannan, Costa, Heinrich Heine e Somerset Maugham. O congreso tamén acolle unha nova edición do Doctoral Symposium da asociación onde investigadores/as noveis presentarán os seus proxectos.
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Las fiestas de a Nosa Señora da Mercé de Conxo vuelven con música, pulpo y un emotivo homenaje a Kiko Fernández
- Christian Gálvez vuelve a Galicia: «Elegí Jacob para el ‘prota’ del libro que abre la saga como homenaje a Santiago»
- El pub de Santiago donde la gente se reúne para hablar de la muerte: 'Aquí nadie te juzga ni te mira raro
- El negocio de Santiago con 136 años que se adelantó a la venta online: 'El Internet de antes eran los buses
- De rodarse muy cerca de Santiago al ‘prime time’ de Antena 3: así es la serie que revive hoy en TV la Galicia del siglo XX