Sucesos
Entran a roubar, por segunda vez este verán, na mítica Foto Sandine da compostelá Rúa do Vilar
Subtraen de novo a cámara do estudio, valorada nuns 2.000 euros, e na fuxida perden un billete de 100 euros

Julia López, de Foto Sandine, sinala a rotura na cristaleira da porta do seu establecemento / Antonio Hernández

Dona Julia López segue aos seus máis de 90 anos rexentado Foto Sandine, un dos establecementos máis emblemáticos da cidade histórica santiaguesa, veciño da Cafetería Paradiso, na Rúa do Vilar. Na mañá deste mércores, cando abriu a porta atopou as luces prendidas e porta do estudio aberta. Rapidamente entendeu que de novo entraran a roubar.
O último incidente na mesma tenda aconteceu hai pouco máis dun mes, de novo os delicuentes subtraeron a cámara do estudo, valorada nuns 2.000 euros, pero desta volta os desperfectos no establecemento foron maiores.
Os delincuentes entraron no local rompendo un oco na cristaleira dunha das portas. No interior, foron directamente á caixa rexistradora e ao estudio, forzaron a primeira das entradas pero non foi necesario facelo coa segunda, xa que non tiña pasada a chave.

Julia López no estudio ao que accederon os ladróns para roubar a cámara rompendo o trípode / Antonio Hernández
No estudio fixéronse coa cámara fotográfica, "esnaquizando o trípode", explica Julia López, algo que non acontecera a vez pasada, e á saída do mesmo abriron un expositor para roubar máis cámaras, ata que "viron que se trataba só das fundas baleiras" e deixáronas quedar.
No despacho, causaron danos na porta para acceder á caixa rexistradora e saíron do establecemento co seu contido. A fuxida foi polo mesmo buraco que abriron na cristaleira para entrar e nela, os ladróns deixaron atrás dous billetes de 5 euros e de 100.
A Policía estivo no establecemento durante a mañá tomando pegadas e analizando a escena, pero nun primeiro momento non estableceron relación entre que un e outro roubo fosen perpetrados polas mesmas persoas.
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Las fiestas de a Nosa Señora da Mercé de Conxo vuelven con música, pulpo y un emotivo homenaje a Kiko Fernández
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- Luis Zahera y Tamar Novas protagonizan la próxima apuesta de Netflix y no es 'Clanes': una película con Santiago muy presente
- Christian Gálvez vuelve a Galicia: «Elegí Jacob para el ‘prota’ del libro que abre la saga como homenaje a Santiago»