Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Centros escolares

O PSOE esíxelle ao goberno de Santiago explicacións pola demora na concesión das bolsas comedor

Lémbralle ao executivo de Goretti Sanmartín que o curso escolar está a piques de comezar e que en anos previos a resolución destas axudas se publicaba a primeiros de agosto

A concelleira Marta Abal xunto ao seu compañeiro na bancada socialista, Sindo Guinarte

A concelleira Marta Abal xunto ao seu compañeiro na bancada socialista, Sindo Guinarte / cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

A concelleira Partido Socialista Marta Abal denunciou este mércores a preocupación das familias de Santiago que solicitaron as bolsas municipais de comedor, material escolar e actividades extraescolares e que, «a día de hoxe, continúan sen coñecer se poderán contar con estas axudas».

A edil advertiu da proximidade do inicio do curso e «o Concello aínda non publicou a resolución provisional destas bolsas», un trámite que, «nos últimos anos realizaba a principios de agosto».

«O goberno local ten que axilizar de inmediato a resolución das axudas e dar explicacións claras sobre a demora da súa concesión»

Marta Abal

— Concelleira do PSOE

Abal esíxelle ao goberno local que «axilice de inmediato a resolución das axudas e dea explicacións claras sobre a demora da súa concesión». «As familias necesitan saber canto antes se contarán con estas axudas» para poder afrontar a volta ás aulas.

Marta Abal fixo fincapé en os fogares que optan ás bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares precisan «planificar o inicio do curso con información, previsión e tranquilidade», e sen ter que chegar aos primeiros días de setembro sen saber con que apoio económico poderán contar.

Tracking Pixel Contents