Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Contidos divulgativos

‘Cooperativas de Compostela’ visualiza un xeito de avanzar

A exposición repasa o impacto do tecido cooperativo na cidade, e se poderá ver no Centro Sociocultural O Ensanche

A tenenta de alcaldesa, María Rozas, entre o público na exposición no Centro Sociocultural O Ensanche, onte.

A tenenta de alcaldesa, María Rozas, entre o público na exposición no Centro Sociocultural O Ensanche, onte. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Belén Bertonasco

Belén Bertonasco

Santiago

A Unión de Cooperativas EspazoCoop e o Concello de Santiago de Compostela inauguraron onte no Centro Sociocultural O Ensanche a exposición Cooperativas de Compostela. As palabras atraen, o exemplo convence, unha iniciativa deseñada para visibilizar, valorizar e achegar á cidadanía a realidade e o impacto do tecido cooperativo na capital galega.

O acto de apertura contou coa presenza de María Rozas Pérez, concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, Ana Olveira Blanco, presidenta de EspazoCoop e representacións de diversas cooperativas socias que se achegaron a coñecer a mostra.

Unha mirada ao modelo cooperativo local

Estruturada en 20 paneis informativos, a exposición percorre 17 proxectos cooperativos con sede na capital galega. A selección reflicte a diversidade de actividades económicas que operan baixo este modelo na cidade, dende servizos empresariais e venda de produtos, ata iniciativas no ámbito da xestión cultural.

A través dunha combinación de contidos divulgativos a mostra procura achegar unha visión próxima e realista do emprendemento colectivo, destacando a solvencia destas iniciativas e a súa contribución a unha economía máis sustentable, participativa e ancorada no territorio.

Neste sentido, a presidenta de EspazoCoop, Ana Olveira Blanco, remarcou durante a presentación que «o cooperativismo en Santiago non é unha idea abstracta, senón unha realidade viva con rostro humano. Con esta exposición queremos amosar que existen formas alternativas de facer empresa que son viables, innovadoras e que xeran valor e emprego de calidade sen perder o compromiso social e a vinculación coa nosa comunidade». Nesta mesma liña, Olveira engadiu que «a cooperación e a axuda mutua son ferramentas fundamentais para construír unha economía máis xusta e resiliente na capital galega, onde as persoas sexan o centro da actividade empresarial».

Pola súa banda, María Rozas Pérez, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais insistiu en que «este modelo permite impulsar proxectos empresariais que son exitosos desde o punto de vista do desenvolvemento económico, pero que están centrados nas persoas, son respectuosos co medio ambiente, e fan unha aposta real pola igualdade».

Tracking Pixel Contents